Inicio Galicia A Xunta informa ao sector turístico da provincia de Ourense das medidas...

A Xunta informa ao sector turístico da provincia de Ourense das medidas do novo 'Pacto por un destino seguro'

0

A directora de Turismo, Nava Castro, e a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, participaron nun encontro por videoconferencia con profesionai


A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, acompañadas da xefa de sección de Hixiene industrial e analítica do centro do ISSGA de Lugo, Myriam Garabito Cociña, e o xefe de centro do ISGGA de Ourense, Ángel López Álvarez, informaron hoxe ao sector turístico da provincia de Ourense das principais liñas de traballo e ferramentas dispoñibles ao abeiro do novo Pacto por un destino seguro. A xefa territorial da Consellería de Cultura e Turismo, Sandra Quintas Vazquez, foi a moderadora do seminario web que achegou aos participantes o contido deste pacto que se sustenta na información, asesoramento, formación e apoio económico para acompañar aos profesionais do turismo no proceso de desescalada e no contexto poscovid-19.

A delegada territorial da Xunta en Ourense explicou que o obxectivo do Goberno galego era a reactivación do sector, pero transmitiu unha mensaxe de prudencia e sentidiño “queremos que os turistas poidan volver pronto as nosas terras e gozar de todo o que ela ofrece, pero a prioridade é garantir a seguridade para todos, tanto para os visitantes como para os profesionais que traballan nos establecementos turísticos”.

Neste sentido, Díaz Mouteira engadiu que é prioritario dotar de ferramentas aos distintos sectores económicos para que poidan ter as claves e os protocolos claros sobre os requisitos que teñen que cumprir e sobre as axudas ao seu dispor para cumprilos.“O obxectivo fundamental é garantir que a nosa Comunidade sexa un destino seguro, capaz de ofrecer a máxima seguridade sanitaria a profesionais, turistas e aos propios galegos”, explico a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, quen tamén informou da posta en marcha dun plan de formación voluntario e gratuíto que está a ser impartido polo Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG) e as entidades sectoriais e provinciais e que conta cunha oferta estimada de 65.000 prazas en 650 accións formativas dos que está dispoñible a información en https://www.turismo.gal/galiciadestinoseguroOs relatores tamén aclararon dúbidas do sector en materia hixiénico-sanitaria que están recollidas nos 11 manuais xa dispoñibles nesa mesma páxina web á que nos vindeiros días se irán incorporando novos materiais para outros sectores. En concreto, disponse xa de manuais adaptados aos restaurantes, hoteis, aloxamentos rurais, albergues, cámpings, balnearios, axencias de viaxes, turismo activo, campos de golf, guías de turismo e oficinas de turismo. Poderanse actualizar en función da evolución do estado de alarma e as diferentes instrucións derivadas do mando único.

Como se indicou durante o encontro, foron elaborados en colaboración co Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG), Saúde Pública e o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) –presentes na reunión- así como con representantes do sector e entidades como o Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE), a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e especialistas como o profesor e catedrático de Medicina Preventiva e Saúde Pública da USC, Juan Gestal. Condensan os requisitos obrigatorios establecidos polo Ministerio de Sanidade, as recomendacións elaboradas polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo e outros consellos adaptados aos establecementos galegos para facilitar a súa consulta.

A directora de Turismo de Galicia tamén recordou a importancia que está a dar a Xunta a ao asesoramento ao sector coa posta en marcha do novo teléfono gratuíto 900 815 334 e as liñas de apoio económico aprobadas no último Consello da Xunta que, como informou, están dispoñibles na nova web www.turismo.gal/galiciadestinoseguro.

Todas estas iniciativas se enmarcan no programa Galicia, destino seguro, incluído no Plan de reactivación do sector turístico posto en marcha pola Xunta para dotar de liquidez o tecido empresarial turístico galego e incentivar o consumo.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre