Inicio Galicia A Xunta informa ao sector do transporte público da solicitude ao Goberno...

A Xunta informa ao sector do transporte público da solicitude ao Goberno de España dunha compensación de 8 millóns de euros polas consecuencias das restricións da mobilidade

0

Ethel Vázquez explica que esta compensación é necesaria para frear o impacto negativo derivado do estado de alarma e da caída de usuarios nun 97% no transporte público interurbano


A Xunta informa ao sector do transporte público da solicitude ao Goberno de España dunha compensación de 8 millóns de euros polas consecuencias das restricións da mobilidade.

A conselleira Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, xunto co secretario xeral, Joaquín Macho, e o director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, mantivo esta tarde unha videoconferencia coas federacións de transporte de viaxeiros por estrada de Galicia -Transgacar, Fegatravi, Fegabús e Anetra- para abordar a reactivación da actividade no sector.

Vázquez Mourelle explicou que esta compensación solicitada ao Ministerio de Transportes é necesaria para frear o impacto negativo derivado do estado de alarma e da caída de usuarios nos servizos de transporte público interurbano.

Precisou que se trata dunha caída de pasaxeiros do 97%, o que xera unhas necesidades adicionais de financiamento para as concesións actuais, afectadas polo estado de alarma.

Tamén fixo fincapé en que é preciso garantir un transporte seguro, polo que onte se lle reiterou ao Executivo central a necesidade dun protocolo único de limpeza e hixiene para vehículos e traballadores.

Resaltou que a Xunta segue a traballar para blindar a sostibilidade do transporte público. Neste sentido, o Goberno galego vai pagar 1 millón de euros de anticipos polos servizos de transporte interurbano que se están prestando coas concesións actuais, minimizando as consecuencias das restricións impostas á mobilidade polo estado de alarma.

Ademais adiantou que para facilitar a actividade do sector, a Xunta vai emitir unha certificación dixital mentres non se poida expedir fisicamente o CAP, o certificado de aptitude profesional que acredita aos condutores -de viaxeiros e de mercadorías-, no exercicio da súa actividade. O Executivo autonómico continúa a sumar esforzos a prol do transporte público, pois nun territorio tan disperso como o galego é fundamental para o funcionamento da sociedade e para que os cidadáns accedan aos servizos públicos.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre