Inicio Galicia A Xunta informa ao Concello de Becerreá do proxecto de mellora previsto...

A Xunta informa ao Concello de Becerreá do proxecto de mellora previsto para a estrada LU-636

0

A Administración autonómica vén de iniciar a supervisión do proxecto que prevé a mellora do firme ao longo de 9 quilómetros desa estrada ao seu paso por Becerreá e a execución de cunetas de seguridade cun investimento de case 830.000€

A Xunta de Galicia informou hoxe ao Concello de Becerreá do proxecto de mellora que se prevé desenvolver na estrada LU-636 ao seu paso polo municipio.

O director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, mantivo hoxe unha conversa telefónica co rexedor de Becerreá, Manuel Martínez, na que lle deu conta das previsións que manexa a Xunta para actuar nesa estrada a curto prazo.

En concreto, a Xunta vén de iniciar a supervisión do proxecto de reforzo de firme nas estrada LU-636, LU-546 e LU-741, que ten un importe de licitación previsto de 1,8 millóns de euros.

Dentro dese proxecto prevese desenvolver unha actuación ao longo de 9 quilómetros da LU-636 ao seu paso polo concello de Becerreá, que inclúe a extensión de aglomerado e execución de cunetas de seguridade nas zonas nas que cómpre unha maior amplitude da vía.

En concreto a actuación prevista na LU-636 prevé un investimento autonómico de máis de 827.000 euros e, tal e como lle informou o director da Axencia Galega de Infraestruturas ao alcalde, a Xunta traballa co obxectivo de licitar as obras este mesmo ano. Trátase dunha actuación a curto prazo que permite mellorar no inmediato a situación da estrada de forma compatible coa súa futura ampliación.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre