Inicio Galicia A Xunta indica que é fundamental seguir apoiando o liderado feminino e...

A Xunta indica que é fundamental seguir apoiando o liderado feminino e a presenza das mulleres en toda as esferas da sociedade

0

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou nas XIV Xornadas de Familia e Sociedade

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou esta tarde nas XIV Xornadas de Familia e Sociedade, en Sarria onde indicou que é fundamental seguir apoiando o liderado feminino e a presenza das mulleres en todas as esferas da sociedade.

Susana López Abella que falou sobre “Os retos da nosa sociedade. Cara unha convivencia en Igualdade”, onde falou sobre a importancia do crecemento intelixente e sustentable que procuramos para Galicia precisa do potencial de todas e de todos, xa que segundo as súas palabras, as mulleres suman talento e abrimos camiños, polo que continuarase traballando no fomento da creación de postos de traballo para a poboación feminina e favorecendo o emprendemento desde a innovación, como motor de cambio e progreso do conxunto da nosa comunidade.

A titular de Igualdade indicou que compre que a Sociedade Galega teña referentes femininos, mulleres que fixeron historia por ser precursoras e pioneiras nas súas especialidades, e mulleres de hoxe que destacan en campos tradicionalmente masculinizados, abrindo camiños as novas xeracións de rapazas.

Leer más:  SUS-Santiago fija "posición de ciudad" para pedir la intervención del Gobierno y ampliar el uso residencial de Peleteiro

Así a Secretaría Xeral dispón para os centros educativos e Asociacións de unha exposición sobre as Mulleres recoñecidas e distinguidas co Premio Maria Josefa Wonenburguer. 


- Te recomendamos -