Inicio Galicia A Xunta indica que a estrutura da Casa da Quintán convértea nun...

A Xunta indica que a estrutura da Casa da Quintán convértea nun lugar idóneo para o acollemento de menores tutelados

0

Trátase dun servizo moi necesario na provincia de Pontevedra, que durante o último ano tivo completas todas as prazas de acollemento residencial

A Xunta de Galicia comunicoulle ao Concello de Ponte Caldelas que as instalacións da Casa da Quintán serán destinadas ao acollemento residencial de menores en situación de desamparo ou desprotección tutelados pola Administración autonómica. Esta casa indiana ten a estrutura idónea para acoller un servizo destas características. Deste xeito, dáse resposta a unha necesidade que existe na provincia de Pontevedra, onde as prazas para esta finalidade se atopan completas.

O inmoble está distribuído en planta baixa e dúas alturas e cunha estrutura de casa familiar, un deseño que o converte nun recurso ideal para ofrecer un ambiente cálido e acolledor aos menores. Dispón tamén dunha ampla zona exterior para realizar actividades ao aire libre. Estas características técnicas non fan posible a súa convivencia cun centro de atención de persoas maiores, xa que nese caso serían precisos espazos máis amplos (dos que non dispón a Casa da Quintán) e outra configuración que dese resposta ás necesidades especiais de accesibilidade que requiren as persoas dependentes.

Ningún centro interxeracional combina atención a menores tutelados con atención a maiores. O acollemento residencial de menores precisa de ambientes tranquilos, de convivencia e estabilidade, que faga compatible a escolarización de todos os nenos e nenas coa realización de actividades extraescolares e convivencia entre iguais. Ademais, todos os centros interxeracionais (que combinan escola infantil e centro de día) necesitan entradas e espazos independentes para nenos e maiores dos que non dispón a Casa do Quintán.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre