Inicio Galicia A Xunta incrementa os fondos para conceder a máis de 1700 familias...

A Xunta incrementa os fondos para conceder a máis de 1700 familias a prestación económica por fillas e fillos menores de tres anos

0

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe esta ampliación de crédito para que sexan beneficiarias todas as familias que cumpran os requisitos


A Xunta de Galicia incrementa os fondos para conceder a 1713 familias a prestación económica por fillas e fillos menores de tres anos. O Goberno galego acada os 2,1 millóns de euros para achegar esta axuda a todas aquelas persoas que o solicitaron e compren os requisitos da orde. Hoxe o Diario Oficial de Galicia (DOG) fai pública esta ampliación.

A Administración autonómica destinou nun crédito inicial 2 millóns de euros ao pagamento destas prestacións. Agora amplía en preto de 100.000 euros para atender a todas as solicitudes que compren coas bases da convocatoria. A prestación consiste nun pagamento único de 360 euros pola primeira filla ou fillo, de 1200 euros pola segunda ou segundo e de 2400 euros polo terceiro e sucesivos.

Son beneficiarias desta axuda económica directa aquelas persoas que teñan ao seu cargo nenas ou nenos menores de 3 anos nados entre o 1 de xaneiro de 2016 e o 31 de decembro de 2017 (ambos os dous días incluídos). Os nenos e nenas nados desde o 1 de xaneiro de 2018 reciben unha prestación similar a través da Tarxeta Benvida. Tamén se require que ningún membro da unidade familiar estivese obrigado a presentar a declaración polo IRPF no ano 2017, nin a presentase de xeito voluntario aínda sen estar obrigadas a iso.

Ademais, son igualmente beneficiarias desta axuda as fillas ou fillos adoptados ou acollidos mediante resolución xudicial ou administrativa ditada entre o 1 de xaneiro de 2016 e o 31 de decembro de 2017. E en todos os casos, as persoas proxenitoras deben ter a súa residencia habitual en Galicia e na data da solicitude, os nenos e nenas deben convivir coa persoa solicitante.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre