Inicio Galicia A Xunta incrementa o anticipo da axuda anual pola actividade das casas...

A Xunta incrementa o anticipo da axuda anual pola actividade das casas niño ao pasalo do 35% ao 75%

0

Tamén se incorpora a obrigatoriedade de que as nenas e nenos cumpran co calendario de vacinación e se establece como criterio prioritario para a admisión o empadroamento


A Xunta de Galicia incrementa do 35% ao 75% o anticipo da axuda que perciben cada ano as persoas titulares das casas niño polo servizo de conciliación que prestan de maneira gratuíta ás familias. O obxectivo desta medida é ofrecer ás responsables destas pequenas escolas infantís no rural maior liquidez e flexibilidade económica no desempeño da actividade.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) de hoxe publica esta e outras melloras introducidas polo Goberno galego na convocatoria de axudas para a creación destes recursos no rural, as cales se estenden agora para as que xa levan funcionando desde os anos 2017 e 2018. Unha segunda novidade que se incorpora e a da obrigatoriedade das nenas e nenos que acudan á casa niño cumpran o calendario de vacinación infantil. Tamén se establece que o criterio prioritario para a admisión sexa o empadroamento no concello e, despois, os baremos de renda, a situación familiar e a laboral ou académica para supostos nos que a solicitude de prazas supere a oferta dispoñible e o criterio do empadroamento no concello resulte insuficiente.

Galicia conta na actualidade con 60 casas niño en funcionamento, ás que se engadirán outras 15 ao abeiro da convocatoria deste ano. O emprazamento destes novos recursos será o seguinte: catro en concellos da provincia da Coruña (Cerdido, As Somozas, Toques e Vilasantar), outros catro en municipios da provincia lucense (Baleira, Navia de Suarna, Ribas de Sil e Samos), seis casas localizaranse en concellos ourensáns (Vilar de Barrio, Punxín, Rairiz de Veiga, Petín, Larouco e Montederramo) e unha estará na vila pontevedresa de Pazos de Borbén.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre