Inicio Galicia A Xunta incrementa en máis dun 25% as axudas á redución de...

A Xunta incrementa en máis dun 25% as axudas á redución de xornada de homes para fomentar a corresponsabilidade

0

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe esta convocatoria de axudas, dotada cun orzamento global de 554.000 euros

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde de axudas destinada a homes traballadores e familias monoparentais que decidan acollerse á redución de xornada para coidar dos seus fillos e fillas. O orzamento, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, ascende a un total de 554.000 euros, un 25% máis que na anterior convocatoria.

O desequilibrio no reparto dos tempos de reprodución e coidado produce efectos negativos na empregabilidade e promoción persoal de homes e mulleres. Por iso, o obxectivo desta convocatoria é fomentar a corresponsabilidade, ao mesmo tempo que se favorece a conciliación da vida familiar, laboral e persoal.

A contías das axudas determínase en función da porcentaxe da redución da xornada e a súa duración, e o número de fillos a cargo da persoa solicitante, oscilando a mínima de 1.700 e a máxima de 3.700 euros.

Poderán ser beneficiarios os homes ou familias monoparentais que se acollan á medida de redución da xornada entre o 1 de xuño de 2017 e o 30 de xuño de 2018 e que teñan ao seu coidado unha filla ou fillo menor de 3 anos, ou menor de 12 anos naqueles casos nos que padeza unha discapacidade igual ou superior ao 33%. Tamén poderán acollerse aquelas persoas que adopten a un neno ou nena ou nos casos nos que estea na modalidade de acollemento familiar permanente ou preadoptivo. Nestes supostos, non poderá ter transcorrido máis de 3 anos desde a data da decisión administrativa ou xudicial pola cal se constitúe a adopción. En calquera caso, a filla ou fillo deberá ser menor de 12 anos.

Leer más:  Detenido un hombre de 73 años responsable de un grupo dedicado al menudeo de heroína en la comarca de O Morrazo

Desde 2009 ata 2017 o orzamento global destinado a estas axudas ascendeu a máis de 4,5 millóns de euros -aos que agora se sumarán os 554.000 desta convocatoria- e foron beneficiarios das mesmas máis de 2.000 persoas, dos que o 75% foron homes (1.513) e o 25% mulleres (492).

Para a Xunta, o fomento da corresponsabilidade é unha prioridade nas políticas de igualdade. Neste sentido, cómpre recordar que o Goberno galego aprobou o Plan galego de conciliación e corresponsabilidade 2018-2021, que inclúe un cento medidas concretas. Galicia converteuse así na primeira comunidade autónoma en contar cunha ferramenta de planificación destas características.


- Te recomendamos -