Inicio Galicia A Xunta incrementa en 35 as prazas do programas Xuntos polo Nadal...

A Xunta incrementa en 35 as prazas do programas Xuntos polo Nadal para ofrecer compañía ás persoas maiores que viven soas

0

A residencia xuvenil Lug II da capital lucense acollerá por primeira vez a usuarios xunto aos centros de Panxón e O Carballiño


A Consellería de Política Social incrementa en 35 prazas o programa Xuntos polo Nadal que ofrece compañía ás persoas maiores que viven soas. En total esta iniciativa ofrece aloxamento, comida e actividades a un total de 295 persoas de toda Galicia que se repartirán entre os centros de Panxón, con 130 usuarios; O Carballiño, con 115; e por primeiro ano, o Lug II da capital lucense, que acolle a 50 persoas. Durante o desenvolvemento desta iniciativa, que dará comezo mañá e se prolongará ata o 7 de xaneiro, as persoas maiores poderán realizar distintas actividades como manualidades, probas de memoria, cine e teatro ou visitas polo entorno. Ademais, tamén terán tempo para facer exercicio e compartir experiencias e momentos xunto con outros usuarios.

Este programa está dirixido a persoas que superan os 60 anos e que viven soas nos seus domicilios. Na selección dos participantes dáse preferencia aos de máis idade, aos que non participasen en edicións anteriores e aos que teñan menos ingresos. De feito, aquelas persoas con ingresos inferiores ao Iprem (537 euros) asisten de forma gratuíta e aquelas que estean por riba desta contía abonan o prezo simbólico de 50 euros, que ademais da estadía e manutención inclúe a viaxe desde as súas lugares de orixe á residencia e tamén o regreso unha vez finalizada a estancia.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre