Inicio Galicia A Xunta incrementa a dotación das axudas para a adquisición de taxis...

A Xunta incrementa a dotación das axudas para a adquisición de taxis adaptados a persoas con mobilidade reducida, cun investimento total para este ano de 400.000 euros

0

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a ampliación do crédito das bonificacións en 150.000 euros, que se engaden aos 250.000 da convocatoria deste ano


A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a ampliación do crédito para a concesión de axudas para a adquisición de vehículos taxis adaptados a persoas con mobilidade reducida (Eurotaxi) para o exercicio 2018, cun investimento total de 400.000 euros.

Segundo sinala a orde publicada hoxe no DOG, a dotación económica destas axudas amplíase en 150.000 euros, que se engaden aos 250.000 euros da convocatoria deste ano 2018.

Desde o 2016, ano no que a consellería pon en marcha este programa, se concederon 76 axudas para a adquisición de taxis adaptados a persoas con mobilidade reducida.

As axudas por vehículo son de 10.000 euros, sendo obxecto de subvención os vehículos novos que se adquiran entre o 1 de xullo de 2017 e o 30 de novembro do 2018.

Poden beneficiarse destas axudas as persoas físicas titulares de autorizacións administrativas de transporte vixentes, documentadas en tarxetas da serie VT-N, expedidas pola Dirección Xeral de Mobilidade. Por outra parte, andes do 1 de xullo de 2019 o beneficiario deberá realizar a adscrición do vehículo á autorización de taxi e comezar a prestar o servizo co mesmo.

Leer más:  Rueda destaca el patrimonio cultural, el paisaje y la gastronomía como atractivos turísticos de Galicia

Con cargo a esta orde será subvencionable a adquisición de vehículos que deben estar adaptados para o seu uso por persoas con mobilidade reducida, reunindo as condicións previstas no Real decreto 1544/2007, do 23 de novembro, polo que se regulan os requisitos básicos de accesibilidade e non discriminación para o acceso e a utilización dos modos de transporte para persoas con discapacidade.

Para ampliar a información relativa a estas axudas pode consultarse o DOG a través do seguinte enlace: https://bit.ly/2yjlccn A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade mantén a súa aposta por impulsar a implantación progresiva de vehículos adaptados e accesibles para a prestación do servizo de taxi, Trátase de contribuír a incrementar a competitividade do sector e fomentar o emprego neste colectivo, ao tempo que se garante o acceso ás persoas con mobilidade reducida, avanzando nese común obxectivo da Xunta de acadar a inclusión plena das persoas con discapacidade.


- Te recomendamos -