Inicio Galicia A Xunta incorporará novas vogalías á Unidade de Muller e Ciencia para...

A Xunta incorporará novas vogalías á Unidade de Muller e Ciencia para incrementar a visibilidade feminina no sector

0

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, presidiu hoxe o Pleno da Unidade, no que se aprobou a modificación de decreto que permitirá aumentar o número de membros deste órgano


A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, presidiu esta mañá o Pleno da Unidade de Muller e Ciencia, onde se aprobou modificar o decreto que a regula co obxectivo de aumentar as vogalías e fomentar, así, a visibilización das mulleres e das nenas nos campos científico e tecnolóxico.

As novas vogalías incorporarán a máis departamentos da Xunta, co obxectivo de seguir afondando na transversalidade do compromiso coa igualdade, así como a outras organizacións externas que traballan nestes ámbitos.

No Pleno tamén se abordaron as actuacións que están previstas na programación deste ano e que seguen a liña de exercicios anteriores: o proxecto Nin +, nin -, iguais, consistente nun ciclo de conferencias en centros educativos para dar a coñecer a mulleres profesionais líderes nos seus sectores; a exposición itinerante dos premios Mª Josefa Wonenburger Planells; os programas Ada, Atenea e Diana, que buscan romper estereotipos no acceso das mulleres á ciencia e á tecnoloxía; o Día das rapazas nas TICs; o concurso #ApuntasTech?; e actividades de contacontos e libros sobre mulleres senlleiras.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre