Inicio Galicia A Xunta incorpora a Naturgy como novo patrocinador do Xacobeo 2021

A Xunta incorpora a Naturgy como novo patrocinador do Xacobeo 2021

0

O conselleiro de Cultura e Turismo en funcións e o delegado da compañía en Galicia asinaron hoxe un acordo para promover e divulgar este evento


O conselleiro de Cultura e Turismo en funcións, Román Rodríguez, e o delegado de Naturgy en Galicia, Julio Gonzalo, asinaron hoxe un acordo de patrocinio no marco do Xacobeo 2021 polo que a compañía enerxética apoiará, difundirá e promocionará este evento.

En virtude deste acordo, Naturgy colaborará na realización de distintas actividades da programación do Xacobeo 2021, tanto do ámbito deportivo como no de dinamización cultural e reflexión así como nas actividades musicais e escénicas. Pola súa banda, a Xunta incluirá á empresa como un dos patrocinadores oficiais da celebración.

O conselleiro de Cultura e Turismo en funcións agradeceu a fidelidade da compañía cun evento como o Xacobeo, que xa apoiou en anteriores edicións. Confiou, ademais, en que esta nova colaboración axude a incrementar e reforzar os valores de sustentabilidade do Camiño de Santiago que a Xunta de Galicia e Naturgy comparten.

Román Rodríguez subliñou, ademais, a importancia de seguir traballando para reforzar a colaboración público-privada no marco do Xacobeo 2021, coa intención de que este evento se posicione como motor de recuperación económica e emocional tanto de Galicia como do resto de España, especialmente nun contexto como o actual.

Pola súa banda, Julio Gonzalo, en nome de Naturgy, agradeceu á Xunta de Galicia a oportunidade de participar no patrocinio do Xacobeo e destacou o compromiso e a aposta estratéxica da compañía por Galicia e polas fontes de enerxía renovables.

Sólida colaboración empresarialO acordo con Naturgy súmase aos realizados nos últimos meses. Polo de agora, a Xunta de Galicia formalizou o patrocinio do Xacobeo 2021 con 13 empresas de ámbito galego e nacional que suman un importe de máis de 15 millóns de euros. Estes apoios seguen adiante malia crise da covid-19, o que amosa a confianza e o enorme potencial do Camiño de Santiago e do Xacobeo 2021 por parte do tecido empresarial.

O Goberno galego avanza no seu compromiso por implicar ás empresas e á sociedade civil no apoio a esta celebración para reforzala como un dos eventos que poida contribuír á recuperación económica e proxección da imaxe tanto de Galicia como do resto de España no ámbito internacional. Ademais, a Xunta de Galicia tamén conseguiu que o Goberno central ampliase as desgravacións fiscais ligadas ao próximo Ano Santo ata 2022 e estendese a súa declaración como evento declarado de excepcional interese público.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre