Inicio Galicia A Xunta incorpora a Biblioteca Municipal do Concello de Barro á rede...

A Xunta incorpora a Biblioteca Municipal do Concello de Barro á rede de Bibliotecas Públicas de Galicia

0

Trátase dunha dotación cultural equipada con 31 postos de lectura que conta con unha zona multiusos que se emprega como sala de estudos e actividades


A Xunta de Galicia incorpora a Biblioteca Municipal do concello de Barro, en Pontevedra, á Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. Trátase dunha decisión que o Goberno galego toma despois de que fose solicitado pola Administración local e que permitirá que se integre nesta rede da que forman parte máis de 300 centros en toda Galicia.

A incorporación a esta rede supón que a Biblioteca de Barro poderá acceder aos beneficios de pertencer a esta rede autonómica como subvencións para adquirir novos libros, contar cun programa de xestión unificado ou dispoñer dun carné de usuario único para todos os centros.

A Biblioteca de Barro é unha dotación cultural equipada con 31 postos de lectura e que se divide en seis seccións: local, hemeroteca, narrativa, xuvenil, infantil e libros informativos. Ademais, as instalacións contan no mesmo edificio cunha sala multiusos de case 150 metros cadrados que se emprega como sala de estudos e actividades.

A meirande parte dos usuarios deste centro son público infantil e xuvenil e conta cun catálogo composto por 8.200 libros, dos cales 7.800 xa están informatizados e 400 están en revisión. A maioría destes exemplares proceden de doazóns.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre