Inicio Galicia A Xunta incluirá nos orzamentos de 2021 as partidas necesarias para a...

A Xunta incluirá nos orzamentos de 2021 as partidas necesarias para a reforma do centro de saúde de Ribadavia

0
image_gallery.jpg


O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, mantivo esta mañá un encontro co alcalde de Ribadavia, César Fernández Gil, ao que avanzou que a Xunta incluirá na memoria dos orzamentos para 2021 unha partida para abordar a reforma integral do centro de saúde deste municipio ourensán.

O Goberno galego comprometeuse a que este mesmo ano se procederá á redacción do proxecto de reforma da instalación, de tal xeito que se poida proceder á licitación das obras de reforma e mellora, que contarán co conseguinte respaldo orzamentario nas contas autonómicas para o vindeiro ano.

Na reunión, o máximo mandatario galego tamén trasladou o respaldo do Goberno galego á construción dunha nova residencia de maiores e centro de día, para a cal o Concello de Ribadavia está xa negociando un acordo con Mensajeros de la Paz.

Finalmente, a Xunta tamén se amosou favorable ao traslado da escola infantil da localidade a unhas novas instalacións, e concretamente estase a estudar a posibilidade de facelo na sede da alameda do CEIP Plurilingüe de Ribadavia, que agora mesmo se atopa sen actividade.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre