Inicio Galicia A Xunta incide na importancia do Plan de formación específico para directores...

A Xunta incide na importancia do Plan de formación específico para directores para mellorar a xestión dos centros educativos

0

O delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro, participou na inauguración das XXVII Xornadas de Equipos Directivos de Educación Infantil y Primaria que se celebran no Pazo de Mariñán

O delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña. Ovidio Rodeiro, foi un dos encargados de abrir as XXVII Xornadas de Equipos Directivos de Educación Infantil e Primaria que terán lugar o 3,4 e 5 de maio no Pazo de Mariñán de Bergondo. O encontro está organizado pola Asociación de Directores de CC.

PP da Coruña e a Universidade da Coruña e contan coa colaboración da Consellería de Cultura e Educación, a Deputación da Coruña e o Concello da Coruña.

O delegado territorial destacou na súa intervención que “os equipos directivos son un peza clave na bóveda do sistema educativo e a súa implicación e o seu traballo son dous dos factores que máis condicionan o éxito educativo”. Ovidio Rodeiro apuntou que “un bo equipo directivo é aquel que sabe implicar a toda a comunidade educativa no día a día dos centros para lograr unha maior eficacia na xestión e aquel que se esforza na mellora continua da calidade docente”.

O responsable da delegación territorial da Coruña salientou que a Consellería de Cultura e Educación puxo en marcha un plan de formación específico para os directivos dos centros educativos que reforza a figura do equipo directivo na xestión dos centros, potenciando o liderado a través dunha formación de alta calidade. “O obxectivo final deste plan de formación é acadar na nosa comunidade unha educación moderna e de calidade, como se merecen os nosos fillos e fillas”, puntualizou.

Ademais, Ovidio Rodeiro lembrou que nos últimos anos téñense dado pasos importantes para a mellora da calidade educativa e o reflexo deste esforzo pode comprobarse en datos como que a taxa de abandono temperán en Galicia acada hoxe practicamente o obxectivo fixado para o 2020, que se sitúa no 15%. Ademais Galicia conta cos mellores resultados da historia no informe PISA. Os nosos alumnos están mellor preparados en matemáticas, ciencia e lectura por riba da media OCDE. Así mesmo, temos o nivel de inclusión dos máis altos de España ao redor de 10.000 alumnos con necesidades especiais son atendidos por 3.000 profesionais.

Para o delegado territorial estes datos no son froito do azar senón que son posibles grazas ao excelente traballo dos equipos directivos dos centros gallegos que traballan estreitamente coas comunidades educativas. Neste sento, apuntou que “aínda falta un longo camiño por percorrer pero todos sentímonos orgullosos dos avances acadados e agardamos que desta xornada saian conclusións interesantes que nos permitan seguir mellorando”. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre