Inicio Galicia A Xunta incide na importancia de traballar cos menores para seguir fomentando...

A Xunta incide na importancia de traballar cos menores para seguir fomentando a igualdade e o respecto aos demais

0

A secretaria da Igualdade, Susana López Abella, e a secretaria territorial, Ana Ortiz, visitaron esta mañá o CEIP Praza de Barcelos, onde se están a levar a cabo Talleres de Igualdade

A secretaria da Igualdade, Susana López Abella, e a secretaria territorial, Ana Ortiz, visitaron esta mañá o colexio CEIP Praza de Barcelos, no que hoxe deron comezo os Talleres de Igualdade, e tal como indicou a secretaria xeral hai que seguir traballando cos mais pequenos para seguir traballando o fomento da Igualdade e o respecto aos demais.

Estes talleres estiveron financiados con 3.000 euros a través das axudas destinadas a financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, para as asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia grazas ao Pacto de Estado contra a violencia de xéneroA intervención está dirixida a alumnado de 3, 4 e 5 anos e primeiro ciclo de primaria. Ten como obxectivo, axudar ao alumnado a descubrir o positivo de cada un e fomentar as relacións sociais positivas, favorecer o desenrolo de actitudes e comportamentos tendentes a eliminar as actitudes sexistas do noso alumnado. Así como traballar a propia estima, a autonomía de criterio e o respecto aos demais, independentemente do seu sexo.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre