Inicio Galicia A Xunta incide na importancia de seguir traballando para erradicar a violencia...

A Xunta incide na importancia de seguir traballando para erradicar a violencia de xénero mediante a educación, o respecto, a liberdade e a igualdade

0

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou no acto do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres na USC

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella incidiu hoxe en que para erradicar calquera forma de violencia, a solución reside na educación, o respecto, a liberdade e a igualdade como piares básicos na loita contra a violencia de xénero, e a Universidade desenvolve un importante papel para a erradicación a violencia de xénero.

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participará no acto do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres coa lectura do manifesto institucional da Rede de Unidades de Igualdade de Xénero das Universidades Españolas para a Excelencia Universitaria (RUIGEU), que tivo lugar na reitoría da USC, e onde tamén participaron o reitor da USC, Antonio López; a Vicerreitora, María do Mar Lorenzo; e a coordinadora da Oficina de Igualdade de Xénero da USC, dona Eva Aguayo Lorenzo.

Por todo iso resulta imprescindible que a mocidade de hoxe, protagonista da sociedade do mañá, comprenda, coñeza e identifique a violencia de xénero e recoñeza os primeiros sinais dos malos tratos, polo que segundo a titular de Igualdade é necesario seguir traballando na prevención e na sensibilización e visibilizalo.

Dende a Xunta de Galicia estamos convencidos e convencidas de que a escola, o instituto e, a universidade son os ámbitos de socialización que máis inflúen na aprendizaxe das persoas, e polo tanto é nestes ámbitos onde se debe traballar a prevención de actitudes sexistas e discriminatorias, así como fomentar a reflexión sobre os roles e os valores que rexen na sociedade, rematou a secretaria xeral da Igualdade.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre