Inicio Galicia A Xunta incide na importancia de acadar un consenso para previr e...

A Xunta incide na importancia de acadar un consenso para previr e poñer fin á violencia de xénero e avanzar cara a súa total erradicación

0

A secretaria xeral da Igualdade,Susana López Abella participou na inauguración das VI Xornadas Alar Galicia "Muller e Menores: exclusión e violencia”

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella indicou hoxe a importancia de acadar un consenso institucional, político e social para previr e poñer fin á violencia de xénero e avanzar para conseguir a súa total erradicación.

Susana López Abella participou na inauguración das VI Xornadas Alar Galicia "Muller e Menores: exclusión e violencia”, onde reiterou que a eliminación da violencia contra as mulleres é unha tarefa conxunta que require unha actuación unitaria e a máxima coordinación, colaboración e cooperación para así conseguir a súa erradicación, xa que a violencia contra a muller constitúe unha violación dos dereitos humanos e as liberdades fundamentais.

Segundo explicou López Abella, nos últimos anos tense producido notables avances neste eido pero hai que seguir traballando coa posta en marcha de leis e medidas para combatela, e entre estas medidas xa postas en marcha, están a Lei Orgánica 1/2004, de 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero, a Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero e, o Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, que supuxo un gran avance na unión de partidos políticos, administración, institucións e organizacións na formulación de medidas.

A Xunta, nestes últimos anos puxo en marcha importantes medidas para combater esta lacra, como o Protocolo de coordinación e cooperación institucional fronte á violencia de xénero, o Programa de inserción laboral para mulleres vítimas da violencia de xénero, o Decreto para a formación en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero do persoal ao servizo da Administración galega, a creación dun grupo de traballo para realizar un seguimento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Ademais destas medidas desenvolverase durante o ano 2019 accións que teñen como eixes fundamentais de actuación: a sensibilización e a prevención; a mellora da resposta e coordinación institucional cun traballo en rede; o perfeccionamento da asistencia, axuda e protección ás mulleres e aos menores vítimas; impulsar a formación que garanta unha maior resposta asistencial; mellorar e ampliar os datos estatísticos; seguir a colaborar e mellorar a coordinación entre o Estado, as CCAA, as entidades locais e outras institucións e visibilizar outras formas de violencia contra as mulleres.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre