Inicio Galicia A Xunta incide na importancia da formación en reanimación cardio pulmonar aos...

A Xunta incide na importancia da formación en reanimación cardio pulmonar aos escolares galegos

0

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado polo director da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, José Flores Arias, asistiu esta mañá á xornada educativa con motivo do Día Europeo da Concienciación do Paro Cardíaco

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, indicou hoxe a importancia da formación e da educación en materia de Reanimación Cardio Pulmonar aos escolares galegos. Precisou que o programa de RCP na aula, nestes últimos dez anos, ten formado a case 15.000 nenas e nenos.

Alfonso Rueda, acompañado polo director da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, José Flores Arias, asistiu esta mañá á xornada educativa con motivo do Día Europeo da Concienciación do Paro Cardíaco, onde agradeceu ao servizo de Protección Civil de Caldas de Reis ter posto en marcha esta iniciativa, formando aos máis pequenos nesta materia.

Na nosa comunidade contabilízanse cada ano 780 mortes súbitas, de aí a importancia da primeira atención. Polo que a formación en técnicas de soporte vital básico é imprescindible. O Goberno galego conta con iniciativas como o programa Acude e Axuda, cunha rede de 450 persoas formadas en manobras de soporte vital básico e uso de desfibriladores. A nosa comunidade conta con máis de 1.600 desfibriladores espallados por todo o territorio listos para ser usados seguindo as indicacións dos técnicos do 061.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre