Inicio Galicia A Xunta incide na importancia da coordinación, colaboración e cooperación das distintas...

A Xunta incide na importancia da coordinación, colaboración e cooperación das distintas administracións públicas na xestión dos incendios forestais

0

Máis de 250 efectivos asistiron á Xornada de coordinación de emerxencias que ten lugar na Delegación Territorial da Xunta na cidade capitalina

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda incidiu hoxe na importancia da coordinación, cooperación e colaboración entre as distintas Administracións na xestión dos incendios.

Alfonso Rueda e o delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís asistiron á inauguración da xornada de coordinación de emerxencias, onde indicou que é fundamental a coordinación, e indicoulles que o Peifoga -Plan Especial de Protección Civil ante emerxencias por incendios forestais) é a ferramenta que permite regular a organización, coordinación e mobilización dos medios e recursos.

A xornada está centrada nos incendios clasificados como ‘situación 2’, que é a provocada por aqueles lumes que poidan afectar gravemente á poboación, polo que a prevención tamén cobra especial importancia como medio para garantir a seguridade dos cidadáns e responder de modo adecuado, eficiente e eficaz, en caso de riscos colectivos.

Máis de 250 persoas participaron na xornada que ten como obxectivo crear un foro de coordinación de Incendios Forestais de cara a implantalas na campaña de incendios forestais deste ano 2018 que comeza en breve.

Leer más:  Xunta y Gobierno comenzarán negociaciones para resolver discrepancias sobre la ley de calidad alimentaria

A tempada de alto risco de incendios adoita abarcar xullo, agosto e setembro e nela participan 7.000 efectivos, contabilizando os propios da Xunta, Ministerio de Agricultura, Exército e Corpos e Forzas de Seguridade do Estado. Ademais de 30 medios aéreos e 360 motobombas da Xunta, dos concellos e dos parques de bombeiros.


- Te recomendamos -