Inicio Galicia A Xunta impulsará novas accións no ámbito social para loitar contra a...

A Xunta impulsará novas accións no ámbito social para loitar contra a violencia de xénero

0

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira de Política Social, Fabiola García, asinaron esta mañá o convenio de colaboración neste sentido


O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira de Política Social, Fabiola García, asinaron esta mañá un convenio de colaboración para impulsar novas accións no ámbito social para loitar contra a violencia de xénero. O acordo, que se inscribe no marco do Pacto de Estado, estará dotado con 890.000 € euros e incluirá accións e campañas de igualdade no ámbito da mocidade, reforzo do Punto de Encontro Familiar ou unha partida para atención de menores vítimas de violencia sexual, entre outros.

Segundo explicou o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, todas as iniciativas previstas buscan implicar á sociedade e convertela na chave para construír un futuro máis igualitario. O Goberno galego mostra así un firme convencemento de que a posta en marcha de programas de prevención e detección da discriminación é fundamental para previr a violencia de xénero de calquera clase.

Deste xeito, a Xunta promoverá o desenvolvemento de campañas de prevención e sensibilización implicando á sociedade no seu conxunto, varias de elas coa mocidade como público obxectivo. As campañas deben focalizarse no rexeitamento ao maltratador e presentar exemplos de mulleres fortes e valentes, sen recorrer ao cliché das vítimas. Isto completarase coa elaboración de materiais informativos, para nais e pais, que lles axuden a previr e detectar a violencia de xénero.

Respecto ao ámbito da prevención, se deseñarán programas de detección e protocolos especializados. Ademais, se incorporarán medidas especializadas para a atención de mulleres de colectivos máis vulnerables, como as mulleres maiores, mulleres con diversidade funcional/discapacidade ou mulleres migrantes en situación irregular.

Outro dos obxectivos é promover e impulsar a especialización dos Puntos de Encontro Familiar para a atención aos casos de violencia de xénero e elaborar e aplicar protocolos específicos.

Formación e inserción laboralOutro dos piares deste convenio é son as propostas para mellorar o apoio social e educativo das vítimas de violencia de xénero, mellorando a súa formación e a posterior inserción laboral. Ademais articuláranse axudas económicas e darase prioridade para acceder a casas de acollida, pisos tutelados, vivendas públicas ou residencias de maiores. Por elo, darase formación especializada continuada os profesionais das redes e recursos autonómicos para a asistencia social ás vítimas de todas as formas de violencia de xénero.

O impulso da independencia persoal é un aspecto fundamental para construír unha sociedade máis igualitaria e libre de violencia de xénero. Por iso, nos últimos anos a Xunta vén impulsando un amplo abano de iniciativas neste ámbito. O vicepresidente recordou que temos un longo camiño percorrido e ampliou que non hai mellor forma de avanzar que traballando xuntos e de forma coordinada para acabar con esta lacra e prestar a mellor atención posible ás vítimas.

Ademais, este acordo en materia de política social forma parte das distintas iniciativas que está poñendo en marcha a Xunta para desenvolver o Pacto de Estado contra a violencia de Xénero en Galicia, e que suporá un investimento de máis de 15 millóns de euros ao longo deste ano. No que vai de ano xa se asinaron acordos de colaboración coa Consellería de Cultura e Turismo, con Educación e con Vivenda para poñer en marcha iniciativas en materia de loita contra a violencia de xénero en bibliotecas públicas, festas e festivais de música; no ámbito educativo; e para facilitar o acceso á vivenda. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre