Inicio Galicia A Xunta impulsará a innovación e o emprendemento entre o alumnado de...

A Xunta impulsará a innovación e o emprendemento entre o alumnado de formación profesional a través da campaña ‘Comercio con talento’

0

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, e o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Manuel Corredoira, presentaron a cuarta edición desta iniciativa

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2018.- A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, e o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Manuel Corredoira, presentaron esta tarde, no IES Pontepedriña de Santiago de Compostela, a cuarta edición da campaña Comercio con talento, unha iniciativa que pretende impulsar a innovación e o emprendemento no sector comercial entre o alumnado de FP.

En concreto, esta acción esta dirixida ao alumnado do ciclo formativo de Formación Profesional básica se Servizos comerciais; do ciclo formativo de grao medio de Actividades comerciais; e dos ciclos formativos de grao superior de Xestión de vendas e espazos comerciais, de Comercio internacional, de Transporte e loxística e de Márketing e publicidade, modalidades cursadas por preto de 800 alumnos de 30 centros da Comunidade.

Tal e como explicou a directora xeral, a campaña ten como obxectivos principais impulsar a participación e o contacto dos estudantes destes ciclos coa realidade do sector, complementando a súa formación; potenciar a innovación, o emprendemento e a incorporación do talento á actividade comercial de proximidade, así como ás pemes deste sector; e incrementar o coñecemento das novas tendencias do comercio, especialmente das novas tecnoloxías.

Leer más:  Manuel Gallego, alcalde de Taboadela (Ourense) durante casi 50 años, ha fallecido

O concurso celebrarase durante os meses de maio e xuño, período durante o cal o alumnado estudará o comercio da súa comarca para, finalmente, seleccionar un negocio de acordo a criterios como o espazo físico, a xestión, o produto ou a atención ao cliente. Estas tarefas realizaranse baixo a supervisión e control do centro educativo.

Posteriormente, os participantes elaborarán un proxecto sobre o comercio elixido, para o que deberán contar coa autorización do propio local. Aínda que o concurso é individual, dous ou máis alumnos poden escoller un mesmo comercio, resultando gañador o autor do traballo mellor valorado polo xurado. Os proxectos deberán enviarse antes do 4 de xuño.

Un xurado especializado, formado por un técnico da Xunta e expertos do sector, escollerá os nove comercios con máis talento de entre os propostos e fará unha preselección de cinco que se publicarán no Facebook do portal do comerciante para que un dos 10 premios sexa decidido polo número de “me gusta” que reciba. Os autores dos 10 proxectos gañadores recibirán como premio un iPad wifi 32GB.

Leer más:  Un hombre de 80 años fallece por ahogamiento en la playa de Caldebarcos, en Carnota (A Coruña)

O fallo de xurado emitirase na terceira semana de xuño e a lista cos alumnos gañadores publicarase na web do Portal do comerciante.


- Te recomendamos -