Inicio Galicia A Xunta impulsa unha web sobre a importancia patrimonial e etnográfica das...

A Xunta impulsa unha web sobre a importancia patrimonial e etnográfica das campás na contorna dos Camiños Francés e Primitivo

0
image_gallery.jpg

O delegado territorial, Javier Arias, explicou que o Goberno galego resolverá proximamente a segunda edición do programa O teu Xacobeo, con novas propostas culturais, artísticas, deportivas ou sociais


A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolleu hoxe a presentación da páxina web Badaladas.gal, un estudo sobre a importancia patrimonial e etnográfica das campás na contorna dos Camiños Francés e Primitivo elaborado pola Asociación Campás e Camiños, representada hoxe por Jesús Álvarez Lozano.

O delegado territorial, Javier Arias, explicou que este foi un dos proxectos que apoiou o Goberno galego na primeira edición do programa O teu Xacobeo, cunha achega de 6.500 euros. Recompila e expón información sobre 80 campanarios, 191 campás inventariadas e as súas características e mesmo o distinto son e utilidade dos toques cos que se transmite información aos veciños e veciñas das parroquias.

Arias lembrou que xa está en marcha a segunda edición do programa, que se resolverá proximamente e dará lugar a novas propostas que axuden a difundir as rutas Xacobeas. Conta cunha dotación orzamentaria de 3,3 millóns de euros e financia accións promovidas por concellos, entidades sen ánimo de lucro, pemes ou traballadores autónomos.

O delegado explicou que o resultado é “unha programación de actividades culturais, artísticas, deportivas ou sociais participativa e diversa, con numerosas citas en todo o territorio galego, moitas delas de pequeno formato que resultan especialmente axeitadas nas circunstancias actuais”.

Neste sentido, indicou que se ampliaron os prazos para que os novos proxectos poidan ser executados ata o 30 de setembro de 2021, buscando así a máxima flexibilización, propiciando o seu financiamento e evitando causar prexuízos ás empresas, particulares e asociacións participantes. “O obxectivo -sinalou Arias- é seguir traballando para que o Xacobeo 2021 sexa un motor de recuperación para Galicia”.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre