Inicio Galicia A Xunta impulsa unha nova fase da parcelaria de San Vicenzo de...

A Xunta impulsa unha nova fase da parcelaria de San Vicenzo de Curtis, no concello de Vilasantar

0

Esta concentración afecta unha superficie de 1.112 hectáreas e beneficia a 469 veciños

A Consellería do Medio Rural vén de aprobar a firmeza das bases da concentración parcelaria de San Vincenzo de Curtis, no concello coruñés de Vilasantar. Iso significa que están finalizadas todas as operacións de definición do parcelario, investigación da propiedade e da clasificación das terras.

Esta parcelaria afecta unha superficie de 1.112 hectáreas divididas en 3.666 parcelas de 469 propietarios. Neste proceso de reestruturación a Xunta investiu máis de 1,8 millóns de euros, a maioría destinados á construción da rede principal de camiños. En concreto, o custo destas obras ascende a 1,5 millóns de euros para actuar sobre 26,6 quilómetros.

O resto do orzamento foi destinado a traballos relacionados coa elaboración de bases provisionais e definitivas, coa creación do proxecto de camiños ou coa redacción do acordo e replanteo, entre outras.

O concello de Vilasantar xa ten outras dúas parcelarias rematadas e a porcentaxe de concentración do municipio é do 27%. Esta cifra chegará ao 45% cando se remate este proceso de reestruturación en San Vicenzo de Curtis.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre