Inicio Galicia A Xunta impulsa un musical, un cómic e unha exposición ao redor...

A Xunta impulsa un musical, un cómic e unha exposición ao redor de Don Gaiferos

0

Desde hoxe e ata o 25 de febreiro, o Museo das Peregrinacións acollerá unha exposición con marionetas, fíos e decorados ao redor desta figura

O director de Industrias Culturais da Xunta, Jacobo Sutil, presentou hoxe a iniciativa Don Gaiferos polos camiños cara á Compostela, unha proposta expositiva e escénica ao redor desta figura que conta co apoio da Xunta de Galicia. Como explicou Jacobo Sutil durante a presentación, esta é unha iniciativa “completa e orixinal” que permitirá obter unha visión de Don Gaiferos desde distintas expresións artísticas ao tempo que se promove o seu vínculo co Camiño de Santiago. “A ilustración, a música e as artes serán claves para poñer en valor deste peregrino e do gran patrimonio natural, cultural e humano da Ruta Xacobea a través do traballo da compañía teatral Kukas, avalada polos seus anos de experiencia profesional”.

O proxecto inclúe una exposición que foi inaugurada hoxe no Museo das Peregrinacións e de Santiago e que conta coa instalación de marionetas de fíos e decorados da versión da obra Don Gaiferos estreada para o Xacobeo 93 e deseños orixinais das diferentes versións da obra e planas do cómic editado naquel ano. A exposición poderá verse ata o 25 de febreiro. Esta iniciativa complétase coa realización de funcións da nova versión da obra musical de Don Gaiferos dirixidas a todos os públicos e tamén escolares de ESO e Bacharelato con coloquio cos asistentes ao remate. A primeira será o 29 de xaneiro no Teatro Principal de Santiago.

Don Gaiferos polos Camiños cara Compostela tamén inclúe a reedición do cómic realizado por Marcelino de Santiago (Kukas) e Agustín de Castro (Gus) que narra a viaxe do peregrino francés ata a súa morte aos pes do Apóstolo Santiago. A peza inclúe os lugares e monumentos fundamentais da ruta francesa do Camiño de Santiago coma Roncesvalles ou Somport ata chegar a Catedral de Santiago e o seu Pórtico da Gloria.

Tamén se repasan os ritos, costumes e lendas mais populares da peregrinación xacobea como o xantar dos peregrinos na Catedral de Pamplona, o costume de deixar unha pedra na Cruz de Ferro ou a de coller unha pedra de cal en Triacastela e levala ata Castañeda. E de como, xa cerca de Santiago, os peregrinos se aseaban en Lavacolla para dunha carreira chegar a Compostela e admirar o botafumeiro, darlle un croque ao Mestre Mateo e apertar a estatua do Apóstolo Santiago para logo, moitos deles seguir camiño ata Fisterra.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre