Inicio Galicia A Xunta impulsa tres novos programas de financiamento para achegar liquidez a...

A Xunta impulsa tres novos programas de financiamento para achegar liquidez a autónomos, microempresas e pemes e mobilizar arredor de 120 M?

0

A primeira liña facilitará microcréditos de entre 3.000 e 20.000 euros a cada negocio con xuros bonificados ao 100% pola Xunta


O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe a activación de tres novos programas de financiamento que permitirán mobilizar arredor de 120 M€ e que complementan as medidas xa postas en marcha para poder atender as necesidades de liquidez de autónomos, microempresas e pemes.

No tocante á primeira das liñas aprobadas, Feijóo subliñou que esta iniciativa facilitará microcréditos de entre 3.000 e 20.000 euros a cada negocio con xuros bonificados ao 100% pola Xunta, que disporán dun prazo de duración máxima de 5 anos, cun ano de carencia como tope.

A iniciativa –dotada con 6,1 millóns de euros co obxectivo de mobilizar ata 50 millóns de euros– desenvolverase en colaboración coas sociedades de garantía recíproca e as entidades financeiras. E o prazo de presentación das solicitudes permanecerá aberto ata o 30 de outubro.

Novo instrumento financeiro innovadorDurante a rolda de prensa do Consello, Feijóo referiuse tamén ao impulso dun novo instrumento financeiro innovador específico e destinado a achegar préstamos directos da Xunta aos sectores especialmente afectados pola actual situación económica, como o cultural e o artístico –con especial atención ao ámbito das orquestras– e a economía social. Deste xeito, cun orzamento de 8 millóns de euros, facilitaranse préstamos directos da Xunta de entre 3.000 e 200.000 euros ás pemes destes sectores.

Apoiados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, os créditos estarán libres de comisións, non terán como condición a achega de garantías e estarán libres de xuros ou contemplarán porcentaxes moi baixas. Ademais, non será necesaria a intervención das entidades financeiras nin de sociedades de garantía recíproca e achegarán ata o 75% tanto das necesidades de liquidez como dos investimentos de cada empresa beneficiaria. Todo isto coa previsión é mobilizar ata 10 millóns de euros.

Préstamo vendimaEn paralelo, Feijóo avanzou que se habilitará, para o sector vitivinícola, un préstamo vendima que permitirá mobilizar ata 60 millóns de euros para permitir a todas as bodegas galegas afrontar a compra da totalidade da uva da colleita deste ano en condicións normais de mercado.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre