Inicio Galicia A Xunta impulsa o proceso participativo para a elaboración da futura Lei...

A Xunta impulsa o proceso participativo para a elaboración da futura Lei de prevención e defensa contra incendios forestais

0

O obxectivo deste encontro foi planificar os labores para facer un documento que servirá de base para o futuro proxecto normativo, cunha dinámica de traballo que se estrutura en diversos grupos que abordarán diferentes aspectos da lei


O conselleiro do Medio Rural, José González, e o director xeral de Defensa do Monte, Tomás Fernández-Couto, participaron hoxe na reunión con sindicatos e asociacións profesionais do persoal do Servizo de Prevención de Incendios Forestais (SPIF) convocados pola Xunta dentro do proceso participativo para a elaboración da futura Lei de prevención e defensa contra os lumes.

O obxectivo deste encontro foi planificar os labores para facer un documento que servirá de base para o futuro proxecto normativo, cunha dinámica de traballo que se estrutura en diversos grupos que abordarán diferentes aspectos da lei.

Así, os grupos de traballo centraranse en cuestións como as competencias das diferentes administracións nesta materia, a xestión das zonas de alto risco de lumes, ou as intervencións preventivas sobre o territorio e sobre a poboación (accións de sensibilización e concienciación).

Nesta xuntanza, o titular de Medio Rural destacou que se trata dun proceso aberto á participación de todos os interesados, tal e como se comprometeu a facer desde o primeiro momento a Consellería. O obxectivo é enriquecer o texto da futura lei con todas as achegas posibles, para reforzar aínda máis a protección dos montes fronte o lume. Este procedemento será exposto tamén, proximamente, no seo do Consello Forestal de Galicia, para que os seus membros poidan facer as súas aportacións.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre