Inicio Galicia A Xunta impulsa o expurgo de 360.000 expedientes xudiciais e cerca de...

A Xunta impulsa o expurgo de 360.000 expedientes xudiciais e cerca de 5.500 unidades de instalación

0

A proposta técnica de selección de documentos foi avaliada pola Xunta de Expurgo e inclúe arquivos de 15 partidos xudiciais galegos

A Xunta de Expurgación da Documentación Xudicial ven de aprobar a eliminación de fraccións de series documentais de expedientes xudiciais, a proposta dos servizos técnicos da Dirección Xeral de Políticas Culturais. Trátanse de 360.000 expedientes, repartidos entre os órganos de 15 partidos xudiciais galegos, con datas comprendidas entre 1967 e 2012. O grupo máis numeroso está formado por dilixencias previas, que conta con case 270.000 expedientes.

Ademais, tamén se vai proceder a retirar 5.500 unidades de instalación, arquivadores nos que se clasifica os expedientes. A maioría destes proveñen de xuízos de faltas de distintos xulgados das provincias de Pontevedra y Coruña, e así como recursos de apelación contra estes; do xulgado de vixilancia penitenciaria de A Coruña; e de dilixencias previas de distintos xulgados de Galicia.

O Goberno autonómico comezou, hai seis anos, un plan de expurgo na administración de xustiza co obxectivo de gañar espazo e dispoñer de arquivos máis ordenados, útiles e eficaces. Desde a posta en marcha deste plan, téñense trasladado ou eliminado máis dun millón de expedientes dos xulgados galegos. O obxectivo é desconxestionar as distintas instalacións xudiciais, organizar a documentación de forma que quede mellor clasificada e ordenada e redundar nunha mellora na xestión diaria.

O proceso lévase a cabo contando co persoal técnico de arquivos e a través da Xunta de Expurgo, que está composta por representantes do Poder Xudicial, Ministerio Fiscal e Xunta de Galicia, e é o órgano que determina os criterios de cara á conservación dos documentos que puideran ter valor cultural, histórico, xurídico ou administrativo.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre