Inicio Galicia A Xunta impulsa o desenvolvemento de novos fármacos por parte da biotecnolóxica...

A Xunta impulsa o desenvolvemento de novos fármacos por parte da biotecnolóxica ourensá Origo Biopharma

0

A Administración autonómica, a través de XesGalicia, Asabys Partners e outros investidores xa presentes na compañía achegan un total de 2,3 millóns de euros


A Xunta, a través da sociedade xestora de entidades de capital risco XesGalicia, apoia a consolidación da empresa biotecnolóxica Origo Biopharma, con sede no Parque Tecnolóxico de Galicia (San Cibrao das Viñas, Ourense), participando xunto con Asabys Partners e outros investidores xa presentes na compañía nunha rolda de financiamento na que en conxunto achegaron á compañía un total de 2,3 millóns de euros.

Esta inxección de capital permitirá á empresa chegar a ensaios clínicos co seu fármaco máis avanzado, unha nova molécula para o tratamento de fibrose gastrointestinal asociada á enfermidade de Crohn, así como avanzar nos seus programas en fibrose pulmonar idiopática e en cancro colorrectal.

Origo Biopharma, fundada en 2017 e socia do Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga), desenvolve fármacos inhibidores de TGF-beta, unha diana terapéutica amplamente validada no campo da fibrose e da inmunooncoloxía, cunha tecnoloxía novidosa que permite evitar os efectos adversos asociados á inhibición desta diana e que tradicionalmente frearon o desenvolvemento desta clase de fármacos.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre