Inicio Galicia A Xunta impulsa melloras no Programa de acollemento residencial para menores baixo...

A Xunta impulsa melloras no Programa de acollemento residencial para menores baixo o sistema de protección

0

A Administración autonómica conta cunha rede de 58 centros dependentes de entidades de iniciativa social que suman un total de 1008 prazas


A directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización demográfica, Amparo González, visitou esta mañá na Coruña a Casa de Familia Breogán, un dos 58 centros dependentes de entidades de iniciativa social que conforman a rede de acollemento residencial para menores baixo o sistema de protección da Xunta de Galicia. González Méndez lembrou que “para a Xunta de Galicia, mellorar a calidade e condicións de vida daqueles nenos, nenas e adolescentes que están baixo o noso sistema de protección é unha prioridade”. E, ao fío, lembrou que neste ano 2018, o Goberno galego incrementaba a partida destinada á atención á infancia ata os 32,2 millóns de euros, un 13% máis do que se viña investindo ata a data e que no caso concreto dos centros de protección de menores, o incremento ascende ate o 20%.

Nesta liña, a directora xeral explicaba que a Administración autonómica conta cunha rede formada por 58 centros dependentes de entidades de iniciativa social que suman un total de 1008 prazas. Precisamente o pasado mes de setembro, o Consello da Xunta daba luz verde ao contrato para a execución de programas de intervención en réxime de acollemento residencial ou de atención de día de persoas menores con medida de protección da Xunta de Galicia. Un contrato no que se investirán máis de 90 millóns de euros ate o ano 2023 (catro millóns de euros máis) para a cobertura de 516 prazas, delas 408 de acollemento residencial e 108 de atención de centro de día. Dito incremento permitirá actualizar os prezos establecidos para a prestación do servizo de acollemento residencial e incrementar a súa calidade.

Leer más:  Herido por arma blanca un hombre de 45 años en Ourense

Así mesmo e dentro das melloras impulsadas pola Xunta no Programa de Acollemento Residencial para menores baixo o sistema de protección, Amparo González lembrou que por segunda vez desde o ano 2008 a Administración galega está a impulsar unha orde de axudas económicas ás entidades de iniciativa social que presten o servizo de acollemento residencial e/ou atención de día a través da realización das obras menores e da compra do equipamento precisos, na consideración de que a mellora das infraestruturas e do mobiliario e recursos educativos utilizados son un factor básico de impulso da calidade da atención prestada. Precisamente ao abeiro desta orde, que conta cun crédito de 625.000 euros, a Casa de Familia Breogán recibiu máis de 14.000 euros no ano 2017 para a realización de obras menores e a adquisición de diverso equipamento para a casa como unha lavadora, secadora, forno ou mobiliario de cociña. E, ao fío, Amparo González explicou que está pendente de se resolver a convocatoria de 2018.


- Te recomendamos -