Inicio Galicia A Xunta impulsa en Lugo e Monforte de Lemos o emprego na...

A Xunta impulsa en Lugo e Monforte de Lemos o emprego na hostalería e o turismo co programa integrado ?Dimo IV?

0

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes, visitou hoxe aos alumnos e alumnas desta iniciativa, que se leva a cabo en colaboración coa Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo para incrementar as oportunidades laborais de 100 persoas sen emprego


A Xunta está a impulsar en Lugo e en Monforte de Lemos o emprego nos sectores da hostalería e turismo a través do Programa Integrado Dimo IV, que se desenvolve en colaboración coa Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo. O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, visitou hoxe na cidade lucense aos alumnos e alumnas desta iniciativa na que participan 100 persoas sen emprego e conta cun obxectivo de inserción laboral do 45%. O programa ten un ano de duración.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria financia ao 80% esta iniciativa, a través dunha axuda de 250.000 euros. O perfil dos participantes son persoas con dificultades para atopar un traballo como son persoas con capacidades diferentes, menores de 30 anos con baixa cualificación, mulleres e persoas inmigrantes.

Marnotes salientou o bo resultado dos programas integrados de emprego que teñen como reto principal incrementar as oportunidades laborais dos desempregados a través da formación, o asesoramento e as prácticas en empresas da contorna. É un proceso destinado a mellorar a situación social e laboral das persoas a través de distintas fases e cunha intervención de carácter personalizado.

A formación que están a recibir os participantes en Dimo IV permitiralles obter, ao finalizar o curso, un certificado de profesionalidade en operacións básicas de restaurante e bar. Na actualidade, a cualificación que se imparte céntrase en técnicas de coaching, manipulación e hixiene alimentaria e análise de perigos e puntos de control críticos e prevención de riscos no sector da hostalería. Así mesmo, os alumnos e alumnas terán a oportunidade de desenvolver prácticas profesionais non laborais e manter reunións con responsables de diferentes empresas. Ademais, ofréceselles medidas de conciliación para facilitarlles a asistencia ao programa.

O director xeral sinalou a aposta da Administración autonómica por plans que combinen formación e prácticas dando resposta a un modelo de formación dual e flexible para acadar un emprego de calidade.

Na actualidade, estanse desenvolvendo en toda Galicia 48 programas integrados para apoiar a 4800 desempregados. Así, coa participación de 58 concellos e 24 entidades e cun investimento de 11 millóns de euros, a Xunta sigue apostando pola colaboración para dar novas oportunidades laborais á cidadanía.

Nesta edición do programa priorizouse por primeira vez aos Concellos Emprendedores, os que forman parte do convenio que a Xunta asinou coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para impulsar en Galicia o desenvolvemento de novos proxectos industriais, como é o caso de Monforte de Lemos. Tamén se concederon programas integrados específicos para mulleres e se primou a aqueles proxectos nos que se implicou o tecido empresarial de cada zona, co obxectivo de que os programas se centren nas demandas laborais de cada comarca, e a aqueles plans de xestión compartida para incentivar os procesos de fusión municipal.

Para rematar, o director xeral salientou a importancia de adaptar as cualificacións aos perfís profesionais que precisan as empresas para competir, crecer e xerar emprego de calidade. Neste senso, destacou a cooperación entre a Xunta, concellos e entidades para acadar o máximo proveito dos programas integrados de emprego.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre