Inicio Galicia A Xunta impulsa cos alcaldes de Boqueixón e Touro a posta en...

A Xunta impulsa cos alcaldes de Boqueixón e Touro a posta en valor de terras xunto coa reestruturación parcelaria en ambos concellos

0

O director xeral de Desenvolvemento Rural e o delegado territorial da Xunta na Coruña celebraron unha xuntanza de traballo cos dous rexedores municipais para abordar este asunto


O director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, acompañado polo delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, mantivo hoxe en San Caetano un encontro de traballo cos alcaldes de Boqueixón, Manuel Fernández Munín, e de Touro, Ignacio Codesido.

A xuntanza centrouse no impulso á recuperación e posta en valor de terras en ambos municipios, así como na análise dos avances rexistrados nos procesos de reestruturación parcelaria. En concreto, no caso de Touro estes afectan as parroquias de Fao e Novefontes e en Boqueixón a Vigo, Loureda, Lamas e Sergude. Pérez Dubois sinalou que nestes dous casos estanse elaborando os pertinentes estudos previos de iniciación, aos que se incorporarán despois os de carácter ambiental.

Ademais, os rexedores tamén puideron coñecer os aspectos máis salientables da futura Lei de Recuperación e posta en valor de terras agrarias, que persegue dar un pulo importante á mobilización dos terreos, na liña de agrupar, concentrar e orientar os recursos para optimizalos e mellorar a rendibilidade e competitividade das explotacións. Unha vez a norma entre en vigor, o director xeral de Desenvolvemento Rural comprometeuse a visitar estas zonas de reestruturación parcelaria para explicar o alcance da norma e ver as diferentes fórmulas para poñer en cultivo a totalidade das terras que se mobilicen con estes procesos.

Nesta liña, o director xeral concluíu que “o fin último destes procesos debe ser a recuperación dos terreos para producir neles con calidade dabondo que nos permita conseguir un valor engadido para o territorio rural”.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre