Inicio Galicia A Xunta impulsa con 255.000? a mellora da comercialización e a proxección...

A Xunta impulsa con 255.000? a mellora da comercialización e a proxección exterior da Artesanía de Galicia

0

A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de activar a nova orde de axudas destinada a obradoiros, asociacións profesionais do sector e concellos


A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de convocar, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG), un novo programa de axudas por 255.000 euros para impulsar a mellora da comercialización e a proxección exterior da Artesanía de Galicia.

A través desta iniciativa, cuxo prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o vindeiro 29 de abril, concederanse aos titulares de obradoiros artesanais apoios de ata 8.000 euros para a asistencia a feiras fóra de Galicia, tanto nacionais como internacionais.

Por outra banda, as asociacións profesionais de artesáns poden solicitar axudas tanto para a organización de feiras de artesanía no ámbito de Galicia de distintos oficios, cun número mínimo de 15 edicións, como para a participación como expositor en feiras profesionais nacionais ou internacionais, celebradas fóra da Comunidade. No primeiro dos casos, a axuda pode alcanzar os 30.000 euros, mentres que no segundo é dun máximo de 7.000 euros por feira. A axuda máxima por asociación é de 45.000 euros.

Pola súa banda, os concellos poden obter apoios de ata 15.000 euros para a organización de feiras monográficas cuxo obxectivo sexa a venda e posta en valor de produtos dun mesmo oficio tradicional, cun número mínimo de 15 edicións.

Para feiras non monográficas de distintos oficios cun número mínimo de cinco edicións a axuda é de 3.000 euros cando un mínimo do 80% dos participantes estean inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia e de 1.500 euros cando a porcentaxe sexa inferior. En total, a axuda máxima por beneficiario é de 15.000 euros.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre