Inicio Galicia A Xunta impulsa as vendas das pemes galegas no exterior a través...

A Xunta impulsa as vendas das pemes galegas no exterior a través da internacionalización dixital

0

O director do Igape, Fernando Guldrís, participou nunha xornada en liña organizada en colaboración coa plataforma exportadigital.es

O director do Igape, Fernando Guldrís, participou esta mañá na xornada organizada pola Xunta en colaboración coa plataforma exportadigital.es co obxectivo de fomentar a internacionalización dixital das pequenas e medianas empresas galegas. O encontro complementa o programa Galicia Exporta Dixital, reforzado e redefinido para dar resposta ás necesidades das pemes galegas de manter e reforzar a súa presenza nos mercados exteriores no actual contexto.

Na apertura da xornada, que se realizou en liña, Guldrís puxo en valor o esforzo que están a facer as empresas galegas para recuperar o nivel de exportacións previo á pandemia e destacou o papel que desempeñan as vendas ao exterior na recuperación económica. Nese sentido, destacou as oportunidades que ofrecen os instrumentos e ferramentas dixitais aplicadas ao comercio internacional.

O encontro ofreceu aos participantes as claves principais para avanzar neste eido, expostas por responsables dos departamentos de vendas de empresas líderes en comercio dixital e loxística, como Innova Digital Export, Amvos Digital, DHL, Ebay, Unite/ Mercateo e Google, ademais do xerente do Clúster da Función Loxística de Galicia.

O director do Igape salientou a resposta da Xunta para impulsar a internacionalización dixital e lembrou que a Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación está a reforzar as medidas de impulso das exportacións adaptando os programas de axudas ao novo contexto mundial. Así, o novo Galicia Exporta Dixital está a achegar axudas ao tecido empresarial para promover a expansión internacional a través de novas canles de comercialización partindo de ferramentas dixitais innovadoras.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre