Inicio Galicia A Xunta impulsa a súa participación na Unión Europea para defender os...

A Xunta impulsa a súa participación na Unión Europea para defender os intereses de Galicia en temas de especial relevancia

0

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, explicou hoxe no Parlamento que Galicia participa de forma activa nos debates de Bruxelas

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, explicou hoxe no Parlamento que o Goberno galego está a impulsar a súa participación nos debates e foros da Unión Europea co fin de defender os intereses da comunidade autónoma, moi especialmente en temas de especial relevancia como o futuro da política de cohesión, o Brexit, ou o desafío demográfico.

Galicia vén mantendo un papel activo en Bruxelas, tal e como se reflicte, por exemplo, na recente presenza o pasado mes de maio do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que se reuniu co presidente do Parlamento Europeo, Antonio Tajani, e coa comisaria de Política Rexional, Corina Cretu.

Durante a súa visita, puxéronse sobre a mesa algúns dos principais retos europeos que son de gran importancia para Galicia, como o Corredor Atlántico de Mercadorías, o avellentamento da poboación, as axudas da PAC, ou a pesca. Neste último punto, cómpre recordar que o Comité Europeo das Rexións apoiou de forma unánime o ditame defendido por Núñez Feijóo sobre o futuro da pesca en Europa que avoga por que o novo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) da vindeira década conxugue o respecto ao carácter tradicional da actividade pesqueira co espírito innovador para mellorar a conservación dos recursos mariños.

Leer más:  Eliminado vertido de aguas residuales en Catoira, Pontevedra

Ademais, Galicia participa activamente nos debates e foros europeos, grazas especialmente ao traballo que desenvolve a Fundación Galicia Europa, que neste 2018 cumpre 30 anos de presenza comunitaria.

Por último, Rueda avogou por seguir apoiando sen reservas o proxecto europeo, tendo en conta á encrucillada á que se enfronta coa saída do Reino Unido, e defendeu a necesidade de seguir traballando e facendo un seguimento das políticas comunitarias que afectan a Galicia co obxectivo de que a comunidade poida seguir beneficiándose dun alto nivel de apoio.


- Te recomendamos -