Inicio Galicia A Xunta impulsa a restauración do bosque de Ribeira do río Umia...

A Xunta impulsa a restauración do bosque de Ribeira do río Umia na Estrada nun treito de 18 quilómetros cun investimento de 220.000?

0
image_gallery.jpg

Luisa Piñeiro asiste, xunto ao alcalde José López, á presentación deste proxecto, que afronta os derradeiros trámites para comezar no inicio de 2021


A Xunta, a través de Augas de Galicia, vai proceder á restauración e ao desenvolvemento de accións de conservación do bosque de ribeira do río Umia ao seu paso polo Concello da Estrada nun treito de 18,62 quilómetros cun investimento de 219.700€.

Dita actuación ambiental foi presentada esta mañá pola delegada territorial da Xunta en Pontevedra, Luisa Piñeiro, e o alcalde da Estrada, José López, no refuxio de pescadores de Abragán, na parroquia de Codeseda, que será, xunto a Arca, o emprazamento deste proxecto. “Presentamos hoxe unha fase máis da mellora do Umia, semellante a outras xa realizadas neste río, e que pretende preservar unha zona da Estrada dun altísimo valor ecolóxico, natural e paisaxístico e instaurar condicións óptimas este importante cauce para beneficiar os sistemas de abastecemento ao seu paso e, principalmente, o de Caldas de Reis”, detallou a representante autonómica.

Segundo os datos técnicos que se deron a coñecer na presentación, este proxecto, que afecta a 1.808 parcelas catastradas situadas nas zonas de dominio público hidráulico e de servidume, está a afrontar os derradeiros trámites administrativos co obxectivo de comezar coa actuación no inicio de 2021 e afrontar o seu desenvolvemento durante doce meses.

A superficie beneficiaria ascende a case 20 hectáreas localizadas en ambas marxes do río Umia na Estrada e na mesma executaranse repoboacións nuns 36.000 m2 con labores de restablecemento e rexeneración artificial do bosque de ribeira en zonas onde non se produza de xeito natural.

Outras actuacións centraranse na conservación do bosque de ribeira existente nas zonas arbóreas, principalmente de especies ripícolas, con tarefas de eliminación e retirada de vexetación morta que non afecte negativamente á estabilidade dos noiros. Tamén se procederá á recuperación de zonas degradadas con labores de poda, supresión de restos vexetais e de especies que non formen parte do bosque de ribeira, rozas puntuais e selectivas, limpeza de residuos, accións silvícolas e implantación de medidas correctoras que favorezan a recuperación desta vexetación propia do cauce. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre