Inicio Galicia A Xunta impulsa a preprodución de 14 proxectos audiovisuais con 240.000 euros...

A Xunta impulsa a preprodución de 14 proxectos audiovisuais con 240.000 euros en axudas para o seu desenvolvemento

0

A través desta liña de subvencións da Agadic, apóianse os trabalos previos á rodaxe de cinco novas longametraxes de ficción, catro series televisivas, catro documentais e unha película de animación

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura e Turismo acaba de publicar no seu web a resolución da convocatoria de subvencións para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais, a través da que achega 240.000 euros para a preprodución de 14 futuras películas e series para cinema e televisión. En concreto, apóianse os traballos previos cara á rodaxe de cinco novas longametraxes de ficción, catro series e miniseries televisivas, catro documentais e unha película de animación, todas elas con promovidas por produtoras galegas.

Os títulos e as empresas beneficiarias este ano son A leituga, de Frida Films; Corpo aberto, de Ollo Vivo; Ariel, de Filmika Galaika; Retaliación, de CTV; APPS, de Pulsa Control Z; Ouro negro, de Agallas Films; Einstein-Rosen, de Vaca Films; A fábrica, de Ficción Producciones; e Aura 1964, de Vía Láctea Filmes, na modalidade A para proxectos de ficción cinematográficos e televisivos. Na categoría B, para proxectos de animación, recibirá axuda Nautilus, de Ficción Producciones. Por último, na C, para documentais, resultaron adxudicatarios Os días calados do señor Steven, de Matriuska Producciones; Montaña ou monte, de Zeitun Films; Gnädinger, de Vizuals Lab; e A Virxe Roxa, de Recrea Films.

Leer más:  Conduce fumando un porro hacia un control en Poio (Pontevedra) y es multado con 1.000 euros y la pérdida de seis puntos

Apoio económico durante todo o proceso audiovisualEstas axudas incrementaron un 20% o seu orzamento respecto ao ano anterior, mantendo así a súa tendencia ascendente dos últimos cinco anos. O seu obxectivo é acompañar economicamente as produtoras na preprodución dos devanditos títulos, cos que nun futuro poderán optar tamén ao programa anual de subvencións da Agadic a producións e coproducións audiovisuais, que este ano adxudicou dous millóns de euros a 13 filmes e series.

Ademais, algúns dos proxectos seleccionados para desenvolvemento dispuxeron tamén dun apoio previo á escrita do seu guión mediante a liña de axudas para a promoción do talento audiovisual galego. É o caso da longametraxe de ficción O corpo aberto, que dirixirá Ángeles Huerta; ou do documental Os días calados do señor Stevens, que contará co realizador César Souto á fronte.

Entre as longas de ficción atópanse, así mesmo, A leituga, que levará ao cinema a obra de teatro homónima da man de Diana Toucedo e Víctor Duplá; Ariel, coprodución galego-arxentina que dirixirán Lois Patiño e Matías Piñeiro; Aura 1964, o próximo proxecto do realizador Ignacio Vilar; e Einstein-Rosen, coa que a directora Olga Osorio lle dará continuidade á súa multipremiada curtametraxe homónima.

Leer más:  La titularidad de la única casa de Barcela, con 300 hectáreas de monte vecinal, crea controversia en Negueira (Lugo)

Series de televisiónOsorio dirixirá, ademais, a miniserie APPS, unha das catro propostas televisivas subvencionadas este ano xunto ás series Retaliación, thriller que dirixirá Giselle Llanio; Ouro negro, “western crepuscular” de Paula Cons, que se materializará nunha coprodución galego-portuguesa tras participar como proxecto seleccionado na pasada edición do encontro internacional Conecta FICTION; e A fábrica, historia de Rosa Castro inspirada na vida na Fábrica de Tabacos da Coruña no século XIX.

En canto aos documentais, a achega da Xunta contribuirá á posta en marcha dos traballos previos á realización dos próximos filmes de Pela del Álamo (Montaña ou monte), Xabier Eirís (Gnädinger, sobre a figura de Man, o eremita de Camelle), e Marcos Nine (A Virxe Roxa, que afondará na historia da nena prodixio Hildegart Rodríguez, asasinada en 1933 pola súa propia nai), ademais do devandito documental de César Souto.

No apartado de animación, o proxecto subvencionado é a película para cinema Nautilus, de Ficción Producciones e que dirixirá Ángel de la Cruz.

Leer más:  Esquerda Unida rechaza ir a las europeas en coalición con Sumar por "diferencias políticas" en materia internacional

A relación de empresas e títulos subvencionados, así como das puntuacións obtidas por cada unha das 55 propostas que se presentaron a esta convocatoria, pode consultarse nos apartados de avisos e axudas do web da Agadic. 


- Te recomendamos -