Inicio Galicia A Xunta impulsa a integración laboral de 20 persoas con discapacidade intelectual...

A Xunta impulsa a integración laboral de 20 persoas con discapacidade intelectual na área de Vigo

0

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, asistiu esta mañá en Vigo á inauguración da tenda Juan María by Lolola froito da colaboración do centro especial de emprego Juan María Empleo e da firma viguesa Lolola

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, destacou hoxe que o emprego é unha ferramenta esencial para avanzar no camiño da inclusión na sociedade, durante as visitas que realizou tanto á tenda Juan María by Lolola en Vigo, como ás instalacións do centro especial de emprego Aceesca, no Porriño.

No primeiro caso, trátase dunha colaboración entre o centro de emprego Juan María Empleo e a firma viguesa Lolola especializada en deseños personalizados. Un proxecto empresarial onde as persoas con discapacidade intelectual participan activamente no empaquetado, xestión de almacén ou preparación de pedidos. Así, un total de 10 alumnos accederá ao certificado de profesionalidade de auxiliar de comercio.

Pola súa banda, Aceesca contará con outros dez alumnos que, a través dun itinerario que combina tamén formación e práctica, poderán obter un certificado de profesionalidade en actividades auxiliares de viveiros, xardíns e centros de xardinería grazas ao acordo con dez empresas do sector da zona de actuación do centro.

Ambos os dous proxectos son beneficiarios do novo programa de formación dual para persoas con discapacidade intelectual impulsado pola Xunta de galicia co obxectivo de mellorar a integración laboral deste colectivo. Un total de seis entidades e 60 persoas participan nesta convocatoria na que os centros poñen en marcha itinerarios formativos adaptados e estables de tres anos de duración que lles permitirán obter certificados de profesionalidade. Os apoios alcanzan neste período os 34.482,20 euros por traballador.

Esta nova medida forma parte das diferentes iniciativas desenvoltas pola Xunta para impulsar a inserción laboral das persoas discapacitadas. Así, nas próximas semanas tamén se abrirá a convocatoria do programa Galicia Emprega Persoas Discapacitadas ou en Risco de Exclusión Social. Dotado con 2,2 millóns de euros, inclúe bonos para a contratación, a formación e o emprego con apoio. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre