Inicio Galicia A Xunta impulsa a innovación en procesos e produtos no forestal cun...

A Xunta impulsa a innovación en procesos e produtos no forestal cun novo programa de axudas que mobilizará 3,6M?

0

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), prevé con esta convocatoria que xa está aberta e que está dotada con 1,2 millóns, apoiar arredor de 24 proxectos en pemes e microempresas da segunda transformación da madeira, carpintería, fábricas de mobles e contract


A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), vén de activar unha convocatoria de axudas destinada a impulsar a innovación en procesos e produtos no forestal e que permitirá mobilizar investimentos por un importe aproximado de 3,6 millóns de euros.

A través deste programa pioneiro, ao que a Xunta destina 1,2 millóns, promóvese a xeración de valor en arredor de 24 pemes e microempresas da segunda transformación da madeira, carpintaría, fabricación de mobles e nas compañías do sector contract nos procesos que utilicen produtos forestais.

Concederanse apoios de ata 200.000 euros que cobren un 40% do investimento a realizar para aumentar a competitividade das empresas mediante procesos produtivos ou técnicas que permitan obter novos produtos ou produtos valorizados, favorecendo a diminución do impacto ambiental.

Leer más:  La asamblea del PSOE de Vigo propone a Gonzalo Caballero como candidato gallego a las europeas

En concreto, impulsarase a compra de maquinaria para a posta en marcha de procesos produtivos novos ou a elaboración e fabricación de novos produtos; técnicas de secado, preparación ou tratamento que supoñan a valorización de produtos existentes, incrementando o seu valor ou a extensión do seu catálogo; e as obras necesarias para a instalación destas novas máquinas. Do mesmo xeito, apoiarase a incorporación de tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) ligadas a estes procesos de valorización, así como proxectos ou estudios de enxeñería ou deseño adscritos aos procesos anteriores, sempre que se realicen xunto con investimentos en procesos produtivos.Á hora de conceder as axudas, que se poden solicitar ata o 7 de setembro, primarase, entre outros criterios, ás empresas que teñen cadea de custodia e cuxa materia prima certificada proceda de montes galegos, e aquelas que conten cun cadro de persoal cun mínimo dun 75% de traballadores fixos. Do mesmo xeito, tamén se bonificará a creación neta de emprego con contrato fixo, e aqueles proxectos que incorporen persoal con titulación específica adaptada ao posto, mulleres ou persoas con discapacidade.

Leer más:  El gobierno se muestra "contento" de que finalmente estén disponibles los billetes de trenes Avril y critica que la Xunta no haya celebrado la noticia

Con este programa búscase a xeración de valor engadido na industria forestal galega, que ten a súa localización maioritariamente no ámbito rural, contribuíndo así á creación de emprego de calidade e á fixación de poboación.

Esta actuación compleméntase coa convocatoria de axudas de Xera destinada á adquisición de nova maquinaria, cun orzamento de máis de 8 millóns de euros. Mediante estes dous programas, a industria forestal conta con apoios específicos que abranguen toda a cadea de valor, desde as empresas ligadas a actividades de corta e seca, a primeira e a segunda transformación, á carpintería e o moble, así como as empresas da canle contract nos seus procesos ligados ao uso de madeira.

Neste ámbito, tamén vén de presentarse a Estratexia de formación da industria forestal de Galicia, elaborada coa participación das principais asociacións representativas, e que permitirá impulsar a especialización de máis de 5000 profesionais cunha oferta formativa á medida.

Galicia sitúase como a novena potencia forestal a nivel europeo, e a madeira cortada nos montes da Comunidade supón o 50% do total nacional. Ademais, o forestal representa o 1,8% do PIB galego e o emprego que xera a cadea de valor supón un 12% do emprego industrial de Galicia. O forestal move arredor de 2000 millóns de euros anuais e emprega a máis de 70.000 persoas nunhas 3000 empresas que abarcan toda a cadea de valor. 

Leer más:  Santiago establece "zona urbana" para solicitar la intervención del Gobierno y expandir la utilización residencial de Peleteiro

- Te recomendamos -