Inicio Galicia A Xunta impulsa a incorporación do deseño estratéxico nas empresas como ferramenta...

A Xunta impulsa a incorporación do deseño estratéxico nas empresas como ferramenta de innovación e competitividade

0

A Consellería de Economía, Emprego e Industria ten en marcha varios proxectos piloto para acompañar a pemes galegas de diferentes sectores na identificación de oportunidades de innovación a través do deseño


A Consellería de Economía, Emprego e Industria iniciou vén de poñer en marcha o primeiro dos proxectos piloto destinados a impulsar a implantación do deseño estratéxico nas empresas galegas como ferramenta de innovación e competitividade. A iniciativa púxose en marcha con 12 empresas do sector agroalimentario, a maioría delas pemes, que participarán no proxecto ata finais de 2020, co apoio da Axencia Galega de Innovación (GAIN) e do Clúster da Alimentación de Galicia (Clusaga).

Estes proxectos piloto forman parte do Programa de Deseño para a Innovación. A súa finalidade é estimular e acompañar o establecemento de relacións produtivas entre empresas e profesionais do deseño, co fin último de comercializar con éxito produtos e servizos innovadores que atendan as novas esixencias do mercado.

Durante a apertura do primeiro workshop do proxecto, a directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, destacou diante das empresas o convencemento da Xunta de que a incorporación do deseño estratéxico vai repercutir moi positivamente na súa productividade, facturación e acceso a novos mercados. Nas vindeiras semanas, poñeranse en marcha os workshops de inicio dos outros dous sectores económicos cos que arrancan os proxectos piloto: o da lousa e o do granito, para o que tamén se conta co apoio dos clústers destes sectores.

A metodoloxía aplicada nestes proxectos para identificar oportunidades de innovación e canalizalas a través do deseño estratéxico é a mesma que lles ten permitido realizar importantes avances no mercado a compañías líderes a nivel internacional como Bayer, Motorola, Microsoft, Colgate-Palmolive o P&G.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre