Inicio Galicia A Xunta impulsa a formación no eido forestal para avanzar no uso...

A Xunta impulsa a formación no eido forestal para avanzar no uso de madeiras locais como elemento construtivo

0

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, participou hoxe, en San Cibrao das Viñas, na clausura do curso sobre a madeira como elemento estrutural

O director da Axencia Galega de Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, participou hoxe en San Cibrao das Viñas na clausura do curso sobre a madeira como material estrutural, organizado por Fearmaga, na que subliñou o impulso que a Xunta está a dar no eido da formación forestal para avanzar no uso de madeiras locais como elemento construtivo, unha corrente europea que está incrementando a demanda no sector.

Así, puxo como exemplo o convenio con Pemade para a caracterización de especies forestais galegas e elaboración de fichas técnicas que poidan ser usadas por prescritores; a colaboración coa Universidade de Vigo para o uso de madeira nas súas infraestruturas; ou o fomento da construción pública en madeira como no caso das fiestras na remodelación do edificio administrativo de San Caetano, na Escola da Galiña Azul da Baiuca (na Estrada), ou do centro de saúde da Laracha. Tamén destacou o papel do Cis Madeira como centro de innovación e de formación e divulgación.

Esta iniciativa enmárcase na Estratexia de formación da industria forestal impulsada pola Xunta de Galicia, dentro da que se vén de resolver a orde de axudas de formación para este ano, pola que se realizarán 130 accións con contidos específicos para a industria forestal.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre