Inicio Galicia A Xunta impulsa a Certificación Forestal cunha xornada de formación en Tomiño

A Xunta impulsa a Certificación Forestal cunha xornada de formación en Tomiño

0

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, destaca na inauguración dun curso promovido pola Asociación Forestal Galega a importancia de contar con certificados para acceder a mercados de calidade

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, salientou hoxe na localidade pontevedresa de Tomiño, na inauguración dun curso sobre certificacións forestais, a importancia de certificar a madeira para poder competir a nivel global, tendo en conta que as grandes cadeas tanto do moble como do sector contract esixen madeira certificada, un primeiro paso de garantía de sustentabilidade para acceder a mercados de calidade. Na súa intervención, Ignacio Lema salientou que no ano 2017, en Galicia había 230.000 hectáreas certificadas, 27.000 xestores certificados e máis de 400 certificados de cadea de custodia.

O curso que hoxe se celebra está impulsado pola Asociación Forestal Galega co impulso da Xunta, no marco da Estratexia de formación da industria forestal de Galicia, elaborada coa participación das principais asociacións representativas deste ámbito, e que permitirá impulsar a especialización de máis de 5000 profesionais cunha oferta formativa á medida. búscase dar resposta ás necesidades das empresas e facilitar a adaptación dos traballadores á incorporación da última tecnoloxía.

Leer más:  Formoso espera que Sánchez siga y acusa al PP de rebasar todas las líneas rojas

Dentro desta Estratexia, véñense de resolver as axudas para o desenvolvemento de 24 actividades formativas e 23 de divulgación, con axudas por máis de 180.000 euros e das que se benefician sete entidades, entre as que se atopa a Asociación Forestal Galega. Ademais, Xera incorporará dous simuladores portátiles de procesadora e autocargador forestal para a formación dos profesionais do sector forestal de Galicia.


- Te recomendamos -