Inicio Galicia A Xunta impulsa a celebración do torneo de baloncesto Xacobeo 2021 mediante...

A Xunta impulsa a celebración do torneo de baloncesto Xacobeo 2021 mediante a convocatoria de proxectos ?O teu Xacobeo?

0


A comisaria do Xacobeo 21, Cecilia Pereira, participou hoxe na presentación do Torneo Xacobeo 2021, unha iniciativa do Obradoiro CAB que conta co apoio da Xunta de Galicia e que permitirá potenciar os valores do Camiño de Santiago a través dunha actividade saudable e deportiva.

Este torneo, que está previsto que se celebre no mes de setembro e chegue a máis de 5.000 persoas, forma parte de O teu Xacobeo, a convocatoria de proxectos posta en marcha polo Goberno autonómico cunha dotación de 4,7 millóns de euros, co obxectivo de que a celebración do vindeiro Ano Santo sexa participativa, global e descentralizada. Con esta mesma finalidade, elaborouse o Plan Estratéxico do Xacobeo 21, a folla de ruta para conseguir unha celebración extraordinaria e única que permita poñer en valor o noso territorio e a nosa cultura, paisaxe e talento.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre