Inicio Galicia A Xunta implica aos grupos de desenvolvemento rural nos procesos de mobilización...

A Xunta implica aos grupos de desenvolvemento rural nos procesos de mobilización de terras agrarias

0

O director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) mantivo unha xuntanza con xerentes e persoal técnico dos 24 GDR galegos con esta finalidade


O director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), Miguel Pérez Dubois, mantivo hoxe unha xuntanza de traballo cos xerentes e persoal técnico dos 24 grupos de desenvolvemento rural (GDR) para abordar a importancia de impulsar a figura de aldeas modelo no agro galego.

O director xeral trasladou nesta xuntanza a importancia de reforzar o papel dos GDR en todo o relativo á mobilización de terras e máis especificamente no que atinxe a ferramentas como a das aldeas modelo. Pérez Dubois falou tamén doutros instrumentos polos que aposta a Xunta e que contemplará a futura Lei de recuperación e posta en valor da terra agraria de Galicia, caso dos polígonos agroforestais, as agrupacións de xestión conxunta ou as permutas de especial interese agrario.

Para o desenvolvemento de todas estas iniciativas, o labor destes grupos pode ser moi útil, salientou o director xeral, xa que se trata de entidades moi pegadas ao territorio, que o coñecen e saben das súas potencialidades. Ademais, pola propia dinámica da medida Leader, que aposta por un desenvolvemento rural de abaixo arriba, coa implicación directa de todos os axentes que actúan no terreo, os GDR “teñen moito que dicir nesta materia”, remarcou Pérez Dubois.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre