Inicio Galicia A Xunta implementa o servizo de transporte urxente con 7 novas ambulancias,...

A Xunta implementa o servizo de transporte urxente con 7 novas ambulancias, máis horas de servizo e mellores equipamentos tecnolóxicos

0

Feijóo salienta que, en total, Galicia contará con 16 ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado, 107 ambulancias asistenciais de soporte vital básico e 2 ambulancias non asistenciais convencionais


O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, informou na rolda de prensa de Consello, da autorización da contratación do servizo de transporte urxente terrestre por un importe de 184M€ no período 2019-2023.

Trátase dunha licitación, dixo, que permitirá incorporar 6 novas ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado -2 delas medicalizadas e 4 de enfermería-, 1 nova unidade de soporte vital básico, o incremento nas horas de operatividade de 2 ambulancias non asistenciais e a actualización tecnolóxica dos equipos.

Con estas incorporacións, Galicia contará con 125 ambulancias, 16 asistenciais de soporte vital avanzado, 107 asistenciais de soporte vital básico e 2 non asistenciais convencionais.

Máis polo miúdo, o presidente da Xunta explicou que en virtude deste acordo as novas ambulancias de soporte vital avanzado terán a súa base no concello de Monforte de Lemos e na bisbarra do Salnés. Mentres que as 4 de enfermería terán base nas cidades de Santiago de Compostela, A Coruña, Pontevedra e Vigo.

Por outra banda, dixo, a nova unidade de soporte vital básico terá base no concello do Carballiño. E, finalmente, incrementarán as súas horas de actividade as unidades non asistencias con base en Pedrafita do Cebreiro e Folgoso do Courel, “de10 a 24 horas”, abundou.

Durante a súa intervención, Feijóo explicou tamén que os pregos do contrato inclúen tamén modernizacións tecnolóxicas tales como a actualización dos equipos de comunicación con conexión de datos, xeolocalización, aplicación de mapas e un sistema de navegación avanzado.

Nese sentido, engadiu, se lles esixirá que conten con dispositivos actualizados en materia de seguridade activa e pasiva e equipamentos sanitarios máis modernos e novos materiais sanitarios de aplicación en medicina e enfermería de urxencia.

En definitiva, concluíu, un novo contrato para ter máis ambulancias, con máis horas de servizo e mellores equipamentos para dar a mellor resposta posible ante una emerxencia sanitaria e por igual en calquera dos concellos galegos. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre