Inicio Galicia A Xunta implanta unha estrutura de retención de areas no sistema de...

A Xunta implanta unha estrutura de retención de areas no sistema de saneamento do concello da Guarda

0

As obras teñen por finalidade evitar a acumulación de depósitos de area que se producen con frecuencia no colector


A Xunta de Galicia vén de iniciar a execución dunha estrutura de retención de areas no sistema de saneamento do concello da Guarda. A actuación foi adxudicada á empresa Demain Obras y Servicios S.

L., por preto de 50.000 euros, e ten un prazo de execución de 12 semanas.

A depuradora da Guarda recibe as augas residuais deste municipio e do Rosal a través de dous colectores. Un deles, procedente da zona de Salcidos, ten unha pendente mínima, que fomenta que se depositen áreas nel, o que dificulta a circulación das augas. Co fin de resolver estes problemas, a Xunta de Galicia está a colaborar con eses concellos a través da execución dunha arqueta areeiro na súa rede de saneamento.

Trátase da construción dunha estrutura que permite reter esas areas nun punto concreto do colector procedente de Salcidos, que se preparará para que o Concello da Guarda poida recollelas e posteriormente xestionalas, como parte dos labores de conservación e mantemento que levan a cabo na rede de saneamento.

Esta actuación encádrase como unha fase máis dentro do marco de colaboración que a Xunta de Galicia está a levar a cabo con estes concellos en materia de saneamento, no que tamén se traballa nun proxecto máis ambicioso, consistente nunha mellora integral do colector de saneamento do Rosal. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre