Inicio Galicia A Xunta impartirá a vindeira semana dous cursos sobre traballos de arboricultura...

A Xunta impartirá a vindeira semana dous cursos sobre traballos de arboricultura no CFEA de Guísamo

0

Un deles comeza o luns 28 e será sobre o mantemento básico da motoserra, mentres que o outro comezará o martes 29 e versará sobre técnicas avanzadas de trepa e apeo controlado

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), organiza para a vindeira semana dous cursos sobre traballos de arboricultura no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo.

Así, o luns 28 de setembro comezará un taller temático sobre seguridade nos traballos de arboricultura, centrados no mantemento básico da motoserra. Este curso ten unha duración de 18 horas que se impartirán en horario de tarde e rematará o vindeiro 2 de outubro. Nel, tratarase a prevención de riscos nos traballos que se realizan con esta ferramenta, así como a mecánica e mantemento da motoserra.

Doutra banda, o martes 29 de setembro dará comezo o curso sobre técnicas avanzadas de trepa e apeo controlado en árbores e palmeiras. Dito taller ten unha duración de 60 horas en horario de mañá e tarde, rematando o vindeiro 4 de novembro. Entre os temas a tratar está a introdución á estrutura, fisioloxía e anatomía vexetal, centrada sobre todo en árbores e palmeiras. Tamén se abordarán as técnicas de trepa, poda e apeo controlado, onde se analizarán os protocolos a seguir para un correcto ascenso, aseguramento e distribución de cargas.

Estes cursos están integrados no Plan de formación ao agro galego 2020, cuxo principal obxectivo é impulsar o desenvolvemento de actividades formativas, de demostración e información que desenvolve a Consellería do Medio Rural. Con estas accións, preténdese mellorar a capacitación dos traballadores dos sectores agrario, agroalimentario e forestal en todo o relacionado cos aspectos técnicos e económicos das súas actividades incidindo, cando sexa preciso, na reordenación das producións e no emprego dos métodos produtivos respectuosos coa conservación e na protección do medio.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre