Inicio Galicia A Xunta impartirá 8 obradoiros na comarca da Coruña para formar a...

A Xunta impartirá 8 obradoiros na comarca da Coruña para formar a 160 alumnos cun investimento de máis de 2,7M?

0
image_gallery.jpg

O representante do Goberno autonómico destacou que esta formación está adaptada ás necesidades das empresas da contorna


O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, informou, esta mañá da resolución dos obradoiros de emprego que a Xunta de Galicia financiará na convocatoria 2020-2021. O representante do Goberno autonómico anunciou estes novos talleres de formación na clausura dos obradoiros que se impartiron en 2019 e 2020 pasado en Betanzos e Oza-Cesuras.

O representante da Xunta destacou que na comarca da Coruña está prevista a realización de oito cursos de formación todos de carácter ordinario e dual, concretamente os ordinarios celebraranse en Sobrado compartido con Curtis e Vilasantar; en Oza-Cesuras compartido con Coirós; en Oleiros; en Miño compartido con Cabanas, Pontedeume, Monfero e Paderne; en Cambre; en Betanzos compartido con Abegondo, Carral, Coirós e Paderne; en Arteixo e en Abegondo compartido con Bergondo, Betanzos, Carral, Coirós, Oza-Cesuras, Paderne e Sada.

Os cursos que se impartirán son moi variados: actividades de conservación de montes e xardinería, atención sociosanitaria a dependentes, revestimentos en construción, limpeza e instalacións industriais e espazos abertos, confección e publicación de páxinas web e pintura industrial en construción.

Trenor destacou que os talleres están dirixidos á realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral e social que posibiliten un traballo que, xunto coa formación profesional para o emprego, procure a súa cualificación profesional e favoreza a súa posterior inserción laboral. Esta formación impulsa tamén o emprendemento, xa que os beneficiarios reciben formación específica que lles permitirá iniciar os seus propios proxectos. Os obradoiros duais dan a opción aos alumnos a un contrato de traballo nunha empresa da zona durante un mínimo de tres meses.

O representante do Goberno autonómico puntualizou que a formación que se imparte nos concellos está adaptada aos perfís máis demandados das empresas da contorna polo que algúns alumnos atopan emprego incluso antes de rematar a súa formación.

O delegado da Xunta recalcou que os futuros participantes terán a oportunidade de formarse durante 9 meses e de de traballar para mellorar as súas capacidades profesionais e a súa empregabilidade.

Clausura taller de formación 2019 Oza-Cesuras e BetanzosO delegado da Xunta desprazouse ata Oza-Cesuras e ata Betanzos para clausurar os obradoiros concedidos o ano pasado a estes dous concellos. En Betanzos clausurou o taller de formación de Autonomía e Inclusión: formación e empregabilidade centrado en atención sociosanitaria a persoas dependentes e institucións sociais e en promoción e intervención educativa con persoas con discapacidade. Este curso formou a 20 desempregados grazas a un investimento da Xunta de máis de 400.000 euros.

O taller de formación que rematou en Oza-Cesuras, estivo compartido con Coirós, o Activa IV centrouse en atención sociosanitaria a persoas dependentes e institucións sociais e en actividades auxiliares en conservación e mellora de montes. Este curso formou a 20 desempregados cun investimento da Xunta que superou os 400.000 euros.

Trenor apuntou que despois de algo máis dun ano de formación, xa que estes cursos se pospuxeron durante os meses de confinamento e cando se retomaron cumpriron os meses establecidos inicialmente, “agora toca saír a buscar un emprego co aval da mellor formación nunha área na que existe unha gran demanda”.

O delegado da Xunta recalcou que agora “estades mellor preparados ca nunca para conseguir un posto de traballo o para emprender proxectos propios porque contades cun título oficial válido en toda España que acredita a vosa preparación”. Neste senso, desexoulles aos participantes o mellor nestes meses de tanta dificultades e animou aos alumnos a poñer empeño e vontade para acadar os seus obxectivos. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre