Inicio Galicia A Xunta imparte formación sobre o exercicio do teletraballo ao persoal dos...

A Xunta imparte formación sobre o exercicio do teletraballo ao persoal dos centros de información ás mulleres

0
image_gallery.jpg

A secretaria xeral da igualdade inaugura a segunda xornada formativa do Plan de Formación dirixido ao persoal dos Centros de Información á Muller (CIM)


A Xunta imparte desde hoxe o curso de formación Teletraballo e eficiencia: contra os mitos do emprego remoto, dirixido ás profesionais que traballan nos Centros de Información á Muller (CIM) repartidos por toda Galicia. A actividade enmárcase no II Plan de formación dirixido ao persoal destes centros, co obxecto de achegarlles novos instrumentos para atender as necesidades das mulleres, tamén das vítimas de violencia de xénero ou con outras circunstancias que demandan da súa intervención.

A secretaria xeral da igualdade, Susana López Abella, inaugurou hoxe o curso, que se celebra en liña e está dirixido por David Blay Tapia, formador e consultor de empresas en teletraballo. O programa de formación aborda cuestións relacionadas estreitamente co traballo en remoto, tales como a flexibilidade horaria ou socialización fóra da oficina. Trata de desmontar ademais algúns dos mitos que rodean esta modalidade profesional.

A xestión de equipos en remoto, o traballo por obxectivos, as reunións efectivas e o uso práctico de ferramentas como WebEx, Microsoft Teams, Skype Reunión ou Zoom, entre outras, completan unha formación estruturada en dúas sesións de tres horas cada unha. Desta forma, a Xunta contribúe á preparación das traballadoras e traballadoras destes centros. Tal e como manifestou López Abella na apertura, a formación é fundamental para dar a mellor atención posible a todas e cada unha das mulleres que requiren nalgún momento da súa vida o servizo dos CIM.

A Secretaría Xeral da Igualdade, integrada Consellería de Emprego e Igualdade, elabora os plans de formación en función das necesidades que cada ano, e a través das súas memorias de actividade, lle achegan ás profesionais que traballan nos centros. Ademais do teletraballo, o programa de 2020 inclúe sesións sobre técnicas de autocoidado para previr e atallar o síndrome de Burnout (xa celebrada), as repercusións do Ingreso Mínimo Vital para as mulleres perceptoras doutras axudas, as ferramentas xurídicas en materia de estranxeiría para asesorar a mulleres inmigrantes, así como as posibilidades que ofrece a atención telefónica na prestación de servizos ás usuarias dos CIM ou a comunicación a través das redes sociais.

Galicia conta con 82 centros de información ás mulleres que durante a pandemia continuaron a funcionar prestando atención por vía telefónica e telemática e mesmo presencial nos casos de maior gravidade. Desenvolven accións de carácter preventivo e de sensibilización e serven como recurso facilitador de información, orientación, derivación e seguimento a todas as mulleres, especialmente ás que sofren violencia de xénero. Asisten a todas as mulleres que o demanden así como a calquera outra persoa en asuntos relacionados coa promoción social da igualdade de xénero. No primeiro semestre deste ano atenderon total 5.465 consultas. Foron 779 máis que no mesmo período do exercicio anterior.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre