Inicio Galicia A Xunta habilita na liña entre Vilagarcía e Vilanova de Arousa unha...

A Xunta habilita na liña entre Vilagarcía e Vilanova de Arousa unha parada en vista real para facilitar a mobilidade dos alumnos de cambados que estudan FP no IES Armando Cotarelo Valledor

0
image_gallery.jpg

A Consellería de Infraestruturas, con este servizo, atende a solicitude dos pais destes alumnos de Cambados que se desprazan a diario ao instituto a Vilagarcía


A Xunta habilita desde hoxe, na liña de autobús integrado que comunica Vilagarcía e Vilanova de Arousa, unha nova parada en Vista Real para facilitar a mobilidade dos alumnos de Cambados que estudan Formación Profesional no IES Armando Cotarelo Valledor.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade xa lle trasladou a disposición deste servizo á empresa concesionaria desta liña de autobús, así como á dirección do instituto.

A Dirección Xeral de Mobilidade atende así a solicitude dos pais destes alumnos que se desprazan cada día desde Cambados ata o centro educativo situado en Vilagarcía de Arousa.

Estes estudantes de Formación Profesional poderán facer uso desta liña de transporte integrada aboando o correspondente billete, pois existen prazas suficientes no autobús.

O Goberno galego, no marco do Plan de Transporte Público de Galicia, continúa traballando para que no primeiro semestre do vindeiro ano se estenda a toda a comunidade o uso da tarxeta ‘Xente Nova’, coa que os menores de 21 anos poderán viaxar gratis no autobús interurbano. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre